viernes, 31 de octubre de 2008

UNHA PEQUENA CONVERSA

Onte estivemos facendo un traballiño na clase de Plástica .Os nenos e nenas estaban moi entretidos coloreando e recortando. Entón empezou a chover con moita forza. Escoitouse un trono. Os rapaces comenzaron a falar entre deles. Logo dun anaquiño, puxen a orella e puiden escoitar cousas tan lindas coma estas:
-Jobá! Que tormenta!
-Menos mal que temos teito.
-Se non teríamos que meternos debaixo da mesa.
-Ou escondernos nos roupeiros.
-Claro, porque se mollamos a cabeza ablándasenos o craneo, e despois o cerebro e despois...
-Pero iso non vai pasar, porque xa hai algo para as tormentas, algo así como as placas solares.

Bueno, pois a conversación prometía. Lástima que ía tocar a sirea e tiñamos que recoller. Encántame escoitar estas conversacións espontáneas dos nenos e nenas.

No hay comentarios: