miércoles, 22 de octubre de 2008

XA NOS IMOS COÑECENDO

Bueno, pois xa levamos un mes de cole e xa nos imos coñecendo un pouco. O primeiro día empezamos o cole con 13 alumn@s:Sabela, María, Claudia, Adrián, Dani C., Vicente, Dani B.,Carmen, Antonio, Xoel, Angela, David e Andrea. A última hora da mañá, chegou unha nena nova, Mónika, procedente de Bulgaria. Os primeiros días non foron moi fáciles. Eu tiven que amoldarme a un curso novo e custoume un pouquiño. Tamén eles notaron o cambio de E.Infantil a Primaria. Agora temos patio con pedras(que diver lanzarllelas aos compañeiros!!), os baños están fora da clase e encántanos saír, os roupeiros teñen portas e podemos deixar encerrados aos compañeir@s...Un mes despois, a situación cambiou un pouquiño: eu síntome a gusto con este curso, xa lles teño moito cariño, non teño que poñerme tan seria como ao principio,disfruto aprendendo con eles. Tamén eles mo poñen cada día máis fácil: pórtanse moi ben, participan activamente nos traballos da clase, cada día traballan máis e mellor...E Mónika cada día aprende palabras novas e cada vez nos podemos comunicar mellor con ela!!

No hay comentarios: