martes, 14 de abril de 2009

OS CANARIOS DE LOLO

Hoxe estivo con nós Lolo, o tío de Carmen.Encántanlle os paxaros e un dos seus pasatempos favorito é a cría de canarios. Trouxonos dous nunha gaiola e contounos moitas cousas acerca destes animaliños. Explicounos como se alimentaban (eu non imaxinaba que só con pasar en día sen comer ou beber xa podían enfermar e morrer), como se reproducían , como logo de ter os oviños no niño ás veces tiñan que separ ao macho da femia.Contounos tamén como lles facía os niños (algúns nenos xa sabían que ata podían empregar pelo de cabra).Ensinounos un producto que lles da aos canarios para que conserven a súa cor ben fermosa, xa que en cautividade tenden a perdela.Como nos traía un CD preparado con fotos , estivemos vendoas na pizarra dixital. Bueno, vese que a Lolo lle encantan os canarios e fixo que os nenos estivesen encantados con él e os seus paxaros.Non se cansaban de miralos e de facerlle preguntas e comentarios.Foi unha experiecia preciosa. Moitas grazas Lolo.

2 comentarios:

Unknown dijo...

estamos na casa de Lolo vendo teu blog,gustoulles moito.Un saudo da sua parte e da miña tamen,son Carmen.

Unknown dijo...

aproveito tamen para escribir algo xa que estamos aqui,quedou moi chula a tua presentacion.Pronto levará Carmen a nova familia alada,en foto claro,e á nova inquilina da paxareira unha canaria branca.di