martes, 14 de abril de 2009

QUE RICAS AS PALMEIRAS

A mamá de Andrea ofreceuse para ensinarnos a facer palmeiras e canas recheas de chocolate.Non nos custou nada aceptar o seu ofrecemento.Outras mamás e papás viñeron tamén para axudarnos: os papás de Vicente, a mamá de David, as mamás dos Danieles, a mamá de Carmen, a irmá e a mamá de María.
Primeira sorpresa: Marisé traianos preparados uns delantais preciosos, feitos con bolsas de basura. Estabamos todos guapisimos/as.
Segunda sorpresa: Para cado neno e nena tiña un trociño de hoxaldre. Botaronlle fariña, estiráronos cuns rodillos, untáronos con ovo e enrolaronos polos bordes, para despois cortar as palmeiriñas.Facilísimo de facer, pasámolo estupendamente.Despois metémolas no forno e a esperar.
Terceira sorpresa:Ademáis das palmeiras ensinounos a facer as canas cuns moldes. Xa tiña algunhas feitas, que os nenos/as encheron de chocolate. Que ben ulía!
Cuarta sorpresa: Sairon as palmeiras do forno e estaban boísimas, e non digamos nada das canas de chocolate!Coido que algún dos nenos e nenas e mesmo algún mestre, xa non poderían xantar nada este día.
Moitísimas gracias por todo, mamás e papás.

1 comentario:

Fina Blanco Antelo dijo...

Como traballaron eses nenos e nenas coa súa profe e esas mamás. Non me extraña que logo ulira tan ben e estiveran tan boas. Porque nós fomos dos que puidemos saborear o resultado e queremos felicitarvos dende a clase de 2º que nos temos como veciños. Un bico.