lunes, 16 de noviembre de 2009

SEMENTAMOS NOCES

Como tódolos anos por esta datas, aproveitamos os días bós de outono para sementar algunha plantiña. Este ano decidimos plantar noces. Como tiñamos moitas, acordamos compartilas cos nenos e nenas de 4 anos e así facer unha actividade conxunta. A verdade é que todos os nenos e nenas se organizaron moi ben e enseguidiña rematamos de plantar e regar. Tamén foi moi importante a axuda que nos prestou a profe Ángeles.Agora só nos queda esperar a ver se medran e os ratos non nos deixan sen nogueiras coma outros anos.

No hay comentarios: