lunes, 16 de noviembre de 2009

VOLTAN OS FUNGOS

A volta de esquina estaba a feira de Fungos e Cogomelos. Como nos coincidía co tema dos alimentos, aproveitamos para recoller algunhas receitas feitas con fungos. Algúns nenos e nenas recolleron cogomelos e trouxéronos para o cole. Os maiores, de Secundaria, mesmo fixeron unha exposición na entrada do seu pavillón.
Na clase de Plástica preparamos a conciencia o traballo para presentar no concurso dos Fungos que cada ano organiza o Concello. Este ano decidimos facer uns suxeitalibros de madeira, cunha setiña .Ademáis cada neno fixo nunha cartolina a súa seta utilizando técnicas variadas. Con todas elas montamos un libriño, que tamén presentamos ao concurso. E resulta que , non só o pasamos estupendamente facendo estas actividades senón que...GAÑAMOS DOUS PREMIOS!Así é fácil animarse para o ano que vén.

1 comentario:

Ángeles. dijo...

Felicítovos polos premios, é sobre todo polo traballadores que sodes. A seguir así!