miércoles, 23 de noviembre de 2011

DÍA MUNDIAL DOS BOSQUES AUTÓCTONOS

Hoxe estivo no cole Antonio Teijeiro.Aprendemos moitas cousas e púxonos a pensar no importante que é manter os nosos bosques. Falounos da diferencia entre un bosque e unha plantación de árbores (debaixo dunha plantación apenas hai vida, mentres que nun carballo poden vivir ata 1500 insectos e animaliños diferentes). É fundamental que coidemos as nosas árbores, por moitos motivos: fan de colchón e esponxa para termar da auga, aportan osíxeno, son unha grande fonte de recursos para os homes : madeira, manciñas naturais... Precisamos saber máis para poñernos mans á obra???

1 comentario:

Ana Martínez dijo...

Cantas cousas aprendíchedes sobre os bosques! A nós tamén nos viría xenial ter unha visita así agora que estamos co proxecto dos bosques. Un biquiño.