domingo, 13 de noviembre de 2011

TEMOS INVITADOS

Este xoves foi un día fantástico. Un grupiño de 5 nenos do cole Terra de Ferrol, estiveron parte da mañá con nós na clase.Cando chegaron presentáronse e rápidamente se quixeron poñer a pintar coas témperas.Temos colgados na clase os debuxos que fixeron.Despois, todos xuntos , coloreamos uns avións e uns barquiños que nos fixo o profe José Mª (Graciñas José Mª). Logo, como empezaban a cansarse fomos ao patio, onde poidemos comprobar que eran uns expertos xogando ao fútbol. E, por suposto, tamén os invitamos a visitar a nosa biblioteca. Alí, máis que os libros, gustáronlles os ordenadores.Moitas graciñas a eles a ás súas mestras por permitirnos compartir este día.




1 comentario:

Ana Martínez dijo...

Loli, non sei como che imos a agradecer todo o que fixeches. Se non fose por ti... que fariamos?
Da gusto velos integrados con outros nenos. Espero que se portasen ben e non che desen moito a lata. Unha aperta.