viernes, 10 de mayo de 2013

CERTAME LITERARIO "AS BOLIQUEIRAS"-2013. ARRASAMOS!!!

Pola mañá recibimos unha estupenda noticia. Como todos os anos participamos no certame "As Boliqueiras", no noso concello. E este ano ía adicado ao teatro e, como somos moi teatreiros...ARRASAMOS!!!. Na nosa categoría, 2º Ciclo, levamos todos os premios:

3º Premio: Para Manuel, Alex, Jesús e Juan,polo seu traballo " O cabaleiro e o tesouro perdido".
2º Premio: Para María, Carla e Ángela, polo seu traballo "As fadas de azucre".
1º Premio: Para Inés, Estela e Anxo, que grabaron unha preciosa historia de títeres e nos fixeron ir rumbo a París. Este premio foi compartido cuns nenos do cole Santa María, que tamén fixeron un fantástico traballo.
Dámoslle as graciñas á profe Marita, que tanto traballou con eles e as familias que tan activamente colaboraron na organización e elaboración das grabacións.
Felicitamos dende aquí tamén aos nenos de 5 anos e á súa profe Angeles, que acadaron o segundo premio na na súa categoría. Parabéns tamén ao alumnado de 4 anos e á súa profe Oliva, que gañaron o primeiro premio de E. Infantil. Espléndidos os traballos que fixeron. Non podían ser máis lindos.

Estupendo tamén o traballo dos nenos de 2º de E. Primaria, que obtiveron o 2º premio na súa categoría ( 1º Ciclo). Un traballo chulísimo!!.Noraboa a todos e á súa profe Berta.
E para os nenos e nenas que non obtiveron premio, que non se desanimen. Todos os traballos eran moi bonitos e seguro que a próxima vez terán máis sorte. Animo a todos e a seguir "Teatrando".





5 comentarios:

estelita linda linda dijo...

¡¡¡¡arrasamos!!!!¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡adios loli fue increible!!!!!!!!!!!!!!!! tia ;)

inés dijo...

holaaaa Loli
ARRASAMOS MOGOLLON!!!!!!! no pensabamos que ibamos ganar !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

:0

maria dijo...

loli megustan las fotos

Ana Martínez dijo...

Noraboa! Non me extraña nadiña que arrasárades. Facedes un gran traballo. Unha gran aperta.

Ángeles. dijo...

Noraboa por todos os premios gañados neste concurso das Boliqueiras!
Gustaríame ver os vídeos que fixestes, seguro que son chulísimos.
Bicos.