lunes, 20 de mayo de 2013

CONCURSO DE RECICLADO-2013

Este ano, para o concurso de reciclado que convoca a Aula de Medio Ambiente, traballamos un montón.

  • Fixemos uns monstros  con madeiras e pinzas , para suxeitar papeis, panos. Como nos gustaron moito, ademais de facer dous colectivos,cada neno/a fixo un máis pequeniño, para levar para a casa.
  • Como tiñamos moitas culleriñas de xeado, de moitas cores, utililzámolas para facerlle un marco a un espello, que quedou moi chulo.
  • Logo, en colaboración có alumnado de 4º, fixemos un fantástico mural de Amiña, a nosa tartaruga, mascota da Aula de Medio Ambiente. Utilizamos tapóns de plástico de diferentes cores. Quedou espectacular.
  • E, por suposto, como nesta clase hai nenos e nenas moi traballadores, houbo quen se animou a facer na casa traballos individuais, que quedaron ben bonitos.
Non sei se este ano gañaremos algún premio, porque hai traballos preciosos. Pero pasamos uns ratos moi entretidos, tamén con Marian, facendo estes traballiños.


2 comentarios:

Ana Martínez dijo...

Gañar non sei se gañaredes pero fixestes un traballo espectacular. Gústame todo. Moitísima sorte no concurso. Unha gran aperta.

Ángeles. dijo...

Moito traballastes! Que cantidade de cousas fixestes! Uns suxeitapapeis monstruosos que me encantan! Sodes uns artistas! Biquiños.