martes, 26 de octubre de 2010

A. EDUCATIVA

Xa levamos varias sesións de Alternativa á Relixión e fixemos diferentes tipos de traballos. Coloreamos con témperas un cartel de outono, para poñer no recuncho dos proxectos. Noutra sesión fomos ata a biblioteca do cole. Alí limos un libro que lles gusta moito: "Mamá, ti si que me entendes" e logo fixemos con rotuladores un debuxo relacionado coa lectura.Tamén decidimos facer un cuadro con setas feitas de barro, para o concurso dos Fungos e cogomelos.Finalmente, para que no nos quede nada, e xa que chega o Samaín, reciclamos unhas bolsiñas de papel (das que dan nos comercios) e transformámolas en "bolsas pantasmais"(Esta actividad encantoulles).

SEMENTES DE OUTONO

Estamos no outono, e aproveitando o bo tempo, baixamos ata o viveiro do cole para plantar unhas sementes. Este ano plantamos landras e castañas que trouxeron os nenos e nenas. Despois de ben plantadiñas, regámolas.Agora esperaremos uns días e logo voltaremos velas. Esperemos que medren todiñas.

lunes, 25 de octubre de 2010

O samaín

Aquí tedes un vídeo dunha canción de Mamá Cabrá, que vos encanta a todos. Na Clase encántalles xogar ás estatuas con esta música.

PROXECTO: EXPERIMENTAMOS 1

Xunto co nenos e nenas de 2º e da súa profe Fina, decidimos facer un pequeno proxecto de experimentos. Para comezar fixemos un moi sinxelo: un globo a propulsión. Utilizamos un pouquiño de cordel, unha palliña, un globo e unha pinza para cerrar o globo logo de telo ben cheo de aire.Para ser o primeiro experimento, saíunos de rechupete. Estamos desexando repetir.

domingo, 17 de octubre de 2010

XOGAMOS CÓ CORPO

Aínda que o curso pasado, traballaron coa profe Oliva o corpo, nun fermoso proxecto, este ano ímolo revisar un pouquiño, porque parece que é un tema que lles gusta moito e quixeron comezar por el. Estivemos traballando algún dos sentidos. Aproveitamos para ulir algunhas esencias, para ver se as coñecían. Anxo, cando uleu a menta, dixo que iso era como uns caramelos que tiña a súa avoa na casa. Tamén se aproximaron ao eucalipto. O resto eran un pouco difíciles: ourego, tomillo...

Para traballar o sentido do gusto, fixemos unha pequena degustación de froitos secos: anacardos ,pistachos, cacahuetes, pipas...Deixamos para esta semana a degustación de froitos carnosos de outono.

Cos ollos vendados descubrimos o importante que é o sentido da vista e o moito que o necesitamos. Intentamos recoñecer aos compañeiros utilizando outros sentidos: o oído, para identificalos polas súas voces (foi bastante fácil), o tacto (este xa foi moito máis complicado). Utilizamos tamén o tacto para identificar algúns obxectos.

Despois de repasar o esqueleto, movémonos pola clase e comprobamos que o corazón latía máis rápido. Logo observamos que o noso corpo podíase doblar por partes diferentes, chamadas articulacións.

martes, 28 de septiembre de 2010

A VOLTAS CÓ INGLÉS











Pois sí, aquí estamos a voltas có inglés. Empezamos o primeiro día de Plástica. Este ano como temos sección bilingüe, iremos empregando, ademáis do galego, o Inglés. A verdade é que o primeiro día pasámolo moi ben. A máis nerviosa foi a profe.En canto aos nenos e nenas pasárono estupendamente. Nestas idades , a lingua para eles é un xogo. Non teñen problema en falar e repetir todas as expresións que empregamos. Ás veces ata nos poñen en apuros, porque preguntan tanto e queren saber tantas cousas!!!! Pero bueno, supoño que iso non é malo.

domingo, 26 de septiembre de 2010

CHEGOU O DÍA

Por fin tivemos a presentación. Os nenos e nenas chegaron contentos. Bueno ,algún chorou un pouquiño, pero logo se lle pasou. Supoño que eran moitas cousas novas. Non estaba a súa profe Oliva, a súa aula estaba na planta de arriba do cole...Enseguida comezaron a coller confianza, a obsevar a súa clase, a querer xogar e ler os libros novos. Son moi falangueiros, creo que será un grupo estupendo.

lunes, 6 de septiembre de 2010

O VENRES COMEZAMOS

O venres día 10 comenzamos as clases.Despido con agarimo a uns nenos e nenas que durante dous anos foron medrando no meu corazón...e con ilusión e nervios espero ansiosa coñecer ao novo grupo de alumnos, que tamén alí irán ocupando o seu sitio:Iker, Estela, Jesús, María, Juan, Alex, Ángela, Inés, Anxo, Carla, Laura e Clara. Espero tamén poder entrar nas súas mentes, poderlles falar aos seus corazóns , entender as súas emocións...Paréceme mentira, pero cada ano que pasa, en vez de estar máis tranquila, estou máis nerviosa. Por que será?

domingo, 5 de septiembre de 2010

O REMATE





















Tedes que perdonar, pero esquecíame de poñer algunhas cousiñas que fixemos ao final do curso.Como o ano pasado, celebramos conxuntamente os cumples de tódolos nenos e nenas. Este ano, fixemos unha celebración conxunta cos alumnos de 1º e como novidade, xantamos na cafetería do cole. Que boas estaban as pizzas! O último día ,no pavillón do cole, bailamos, cantamos e tocamos unhas fermosas cancións que preparamos coa profe Marita. Gustounos moito.

lunes, 28 de junio de 2010

ÚLTIMAS SAÍDAS

E xa no remate do curso fixemos dúas últimas saídas do cole. A proposta de Marita, visitamos a oficina de Correos e a Biblioteca Municipal. Logo , o día 18, fixemos a excursión de fin de curso, este ano a Santiago.Como sempre, foi estupenda e pasámolo moi ben. Pola maña estivemos na Escola de Prevención de Riscos, onde os nenos e nenas participaron en diferentes obradoiros de seguridade.Cando saímos de alí, xa con fame, fomos xantar na Alameda.Para baixar a comida, e como facía moi bo día, demos un paseíño ata a praza do Obradoiro.Máis tarde fomos ata MUPEGA, onde aprendemos moita cousas do noso pasado. Rematamos cunha boa merendola no Monte do Gozo.Graciñas á ANPA polos batidos de chocolate, que estaban boísimos.


miércoles, 9 de junio de 2010

CONCERTO NA PRAZA VERMELLA











Este ano o Conservatorio celebra o seu XX aniversario. Noraboa. Para celebralo organizan diferentes actividades, unhas no propio Conservatorio, outras nos coles, no Alovi. Nesta ocasión poidemos asistir a un concerto na Praza Vermella. Participaron nenos de todos os coles, acompañados polas especialistas en música e os seus titores/as.Que calor facía alí! Tivemos que escapar para a sombra. O concerto foi bonito e estivo acompañado por unha pequeniña representación teatral.




SUSO CUBEIRO












Como se pode ver, estes días estivemos cargadiños de actividades entretidas e interesantes. Unha das que máis lle gustou a os nenos foi a visita de Suso cubeiro. O ilustrador estivo no cole o día 25 de maio e deixounos a todos cos ollos abertos cos seus fermosos debuxos.Non nos chegou o tempo a nada.





sábado, 5 de junio de 2010

OBRADOIROS NO MERCADO VELLO

No Mercado Vello tivo lugar unha exposición de artesáns, adicada a Uxío Novoneyra. Acudimos alí os cursos de 1º e 2º. Na exposición poidemos atopar pezas feitas en madeira,de canteiría, con materiais de refugallo, alimentos artesáns, tapices....Ademáis, os nenos e nenas poideron participar en nos obradoiros de pirograbado, traballo con papel de periódico e coloreado dun conto.Foi unha actividade moi interesante.

CAMIÑATA POLAS RIBEIRAS DO SOR

O luns 24, acompañados polos nenos e nenas de 1º,3º, e 4º fixemos unha pequena camiñata dende Negradas ata o porto do Barqueiro.Esta saída, como o ano anterior, foi organizada pola AMA e o Departamento de E.F.Ainda que fomos un bon trociño por estrada, este roteiro permitiunos disfrutar dunha mañá en contacto coa natureza e cos compañeiros. Vimos campo, río, mar, anmais, vías do tren...Os nenos e nenas portáronse moi ben e camiñaron como campións, sen queixarse nada, aínda que cando chegamos ao Barqueiro estaban a maioría deles mortiños de sede e fame (xa era hora da merendiña do recreo).Loguiño descansaron e ainda estaban con forzas para corrrer e xogar.

AS BOLIQUEIRAS 2010
















O dia 21 de maio, seguindo con actividades relacionadas coas Letras Galegas e a nosa lingua, celebrouse na Casa Dopeso a entrega dos premios do Concurso As Boliqueiras, que este ano tiña por lema "Divírtome coa lingua".Nenos e nas do noso cole acudiron a recoller os seus premios. Os nenos e nenas de segundo recibiron o terceiro premio, por un traballo ben fermoso que fixeron coa profe Marita. Grazas Marita, por axudarnos tanto.