martes, 14 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS - 2013

Este ano, o Día das Letras Galegas está adicado a Roberto Vidal Bolaño. Podemos aprender cousas sobre el, consultando estos recursos.
No Seminario Galán sempre preparan material interesante. Clicade na imaxe para velo.


No blog de Ana, Aula Tic podedes atopar un montón de recursos, como este Brincaletras, do espazo Abalar, que me pareceu moi simpático.



No blog do Departamento de Orientación do CEIP Conde de Fenosa, teñen recopilados unha grande cantidade de recursos para traballar as nosas letras. Clicade na imaxe e veredes.






viernes, 10 de mayo de 2013

CERTAME LITERARIO "AS BOLIQUEIRAS"-2013. ARRASAMOS!!!

Pola mañá recibimos unha estupenda noticia. Como todos os anos participamos no certame "As Boliqueiras", no noso concello. E este ano ía adicado ao teatro e, como somos moi teatreiros...ARRASAMOS!!!. Na nosa categoría, 2º Ciclo, levamos todos os premios:

3º Premio: Para Manuel, Alex, Jesús e Juan,polo seu traballo " O cabaleiro e o tesouro perdido".
2º Premio: Para María, Carla e Ángela, polo seu traballo "As fadas de azucre".
1º Premio: Para Inés, Estela e Anxo, que grabaron unha preciosa historia de títeres e nos fixeron ir rumbo a París. Este premio foi compartido cuns nenos do cole Santa María, que tamén fixeron un fantástico traballo.
Dámoslle as graciñas á profe Marita, que tanto traballou con eles e as familias que tan activamente colaboraron na organización e elaboración das grabacións.
Felicitamos dende aquí tamén aos nenos de 5 anos e á súa profe Angeles, que acadaron o segundo premio na na súa categoría. Parabéns tamén ao alumnado de 4 anos e á súa profe Oliva, que gañaron o primeiro premio de E. Infantil. Espléndidos os traballos que fixeron. Non podían ser máis lindos.

Estupendo tamén o traballo dos nenos de 2º de E. Primaria, que obtiveron o 2º premio na súa categoría ( 1º Ciclo). Un traballo chulísimo!!.Noraboa a todos e á súa profe Berta.
E para os nenos e nenas que non obtiveron premio, que non se desanimen. Todos os traballos eran moi bonitos e seguro que a próxima vez terán máis sorte. Animo a todos e a seguir "Teatrando".





martes, 30 de abril de 2013

PLANTAMOS NO INVERNADOIRO

Coa axuda de José Antonio, o noso conserxe, fomos ata o invernadoiro para plantar porros. Foi moi doado, porque xa tiñamos os buratiños feitos. Agora a esperar a que medren!

miércoles, 24 de abril de 2013

CHARLA SOBRE AS ABELLAS

Hoxe, a mestra de 4º e os seus alumnos, invitáronnos a unha charliña sobre as abellas. Uns papás moi amables, moi coñecedores da apicultura, contáronnos cousas moi interesantes. Trouxéronnos unha abellas reais, e poidemos ver moi ben as súas partes; tamén nos ensinaron unha roda moi grande de cera, un panal, o traxe do apicultor...Pasamos unha hora estupenda e aprendemos moito. Graciñas a todos.

martes, 23 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO 2013

Animádevos  a botar unha ollada ao blog da biblioteca, BIBLOCAXADO. Seguro que vos gusta.

lunes, 22 de abril de 2013

DÍA DA TERRA 2013

Creo que está é unha bonita canción para acompañarnos neste día. Condenemos a contaminación e fagamos un mellor uso das reservas naturais da nosa  Terra.

lunes, 15 de abril de 2013

MEDIMOS LONXITUDES

Empezamos a traballar os instrumentos de medida. Mirade o xogo que seguro vos vai resultar entretido.

Pinchade aquí e poderedes atopar actividades diferentes para ir praticando. Espero que vos guste.
Este é outro XOGO para pasar un bo rato.

ASOCIACIÓN TEL GALICIA

Por fin !! Xa contamos en Galicia con ATELGA, umha entidade sen ánimo de lucro, que se constituiu en outubro do 2012, en Santiago, có obxectivo primordial de mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por TEL, na nosa Comunidade Autónoma. Podedes botar unha ollada no enlace.


ALDEAS, VILAS E CIDADES

Empezamos este novo proxecto. Aquí vos deixo este material  para que vaiades tendo algunha información.

martes, 2 de abril de 2013

DÍA INTERNACIONAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO 2013


A Asamblea Xeral das Nacións Unidas declarou o día 2 de abril como Día Mundial de Concienciación sobre o autismo, para tratar de mellorar as condicións de vida dos nenos e adultos que sofren este transtorno.Clicade aquí para máis información.
Os pais de Manuel, un neno de 4 anos e medio que ten autismo quixeron con este vídeo aportar o seu graniño de area para dar a coñecer a realidade das persoas, das familias e dos profesionais  directamente involucrados nos transtornos de espectro autista. Ademáis de pais de Manuel son profesores no IES Ribeira de Louro, de Porriño e no IES As Barxas de Moaña. Escoitade a canción de Manuel "Alí estarei"





miércoles, 20 de marzo de 2013

DÍA DA POESÍA

Coincidindo coa chegada da primavera, celebramos cada ano o Día da poesía. Se clicades na imaxe, podedes atopar cousas interesantes relacionadas con este día.



DÍA DA FELICIDADE

Hoxe, por primeira vez, celebramos o Día Internacional da Felicidade, unha aspiración é un obxectivo humano fundamental. Un "olé " moi forte para todas aquelas persoas que fan cousas , na medida das súas posibilidades, para que os demais teñan motivos para rir e ser felices.

lunes, 18 de marzo de 2013

UN POUCO DE PLÁSTICA

Estamos preparando unhas fotos para o blog da sección bilingüe cos nosos últimos traballos de plástica : Miró, Maruja Mallo, Frida Khalo. Mentras tanto aquí tedes un avance das nosas incursións no mundo das artes.







domingo, 17 de marzo de 2013

PARA PASAR UN RATIÑO

Lendo cousas fermosas en Psicóloga Emocional , atopei este video. E un contiño sinxelo, e espero que vos guste.

martes, 12 de marzo de 2013

VISITA DOS BOMBEIROS

Os bombeiros pasaron polo cole, para explicarnos como podemos coidar os nosos bosques , evitar os incendios e como fan para apagalos.  Tamén nos puñeron a funcionar o amión coa moto-bomba. foi moi divertido.

viernes, 8 de marzo de 2013

VISITA DA ESCOLA INFANTIL

Hoxe recibimos a visita dos alumnos da Escola Infantil Barosa, acompañados dos papás e das súas mestras. Recibímolos cunha fermosa canción que nos preparou Marita e representamos para eles unha obriña "Pretty Ritty" (A ratiña Presumida). Creo que saiu moi ben e os pequen@s da Barosa estiveron moi atentos.
Para que recordasen este día, agasallámolos coa casa da ratiña, unhas escobiñas para cada neno/a e o conto en inglés e galego. Como sempre, eles sorprendéronnos cunha manualidade ben fermosa: unha cestiña con ovos e saíndo dun cascarón , o poliño Pepe. Quero dar as grazas a todos os mestres/as que colaboraron na realización destas actividades, pintando, recortando, traballando co ordenador..Así dá gusto traballar!!




jueves, 7 de marzo de 2013

DÍA DA MULLER

O 8 de marzo celebramos o Día da Muller Traballadora. Os nenos e nenas de 3º estamos a investigar na pintura de mulleres como Maruja Mallo ou Frida Khalo. Ademais , dende o Concello organizaron unha actividade sobre as mulleres e a música. Estiveron na clase e poidemos comprobar que homes e mulleres poden facer música con calquera instrumento e tamén disfrutar escoitándoa. Para complementar esta actividade, estamos convidados o próximo día 20 a unha actividade conxunta con outros coles. Seguro que será unha grata sorpresa.



Dende a organización ONU MULLERES presentarán este día a canción ONE WOMAN, na que participan músicos e cantantes de todas as partes do mundo.Podedes ver uns vídeos clicando AQUÍ

lunes, 4 de marzo de 2013

MARUJA MALLO

Nesta semana celebramos o Dia Da Muller.  En plástica durante este trimestre estamos traballando a diferentes artistas ( Picasso, Miró ) e pensamos que sería boa idea investigar agora sobre algunha pintora.Xurdiron nomes como Maruja Mallo e Frida Khalo. Podemos ir botando unha ollada a estes vídeos.

jueves, 28 de febrero de 2013

OS DINOSAURIOS DE 4 ANOS

Tivemos ocasión de pasar un ratiño cos nenos e nenas de 4 anos e a súa profe Oliva. Ensináronnos moitas cousas dos dinosaurios. Son todos uns expertos! Aproveitamos para medir e compararnos con estes grandes reptiles. Como somos moi pouquiños, para acadar o tamaño dalgún gran dinosaurio, vímonos obligados a pedir axuda aos mais pequenos. Non imaxinábamos que eran tan grandes.Graciñas a estes mestres tan estupendos.

jueves, 21 de febrero de 2013

O LIÑO

Hoxe fomos ver no Mercado Vello unha exposición sobre o liño. Resultou do mais interesante. Primeiro vimos un vídeo no que se explicaba todo o traballo co liño, dende a sua plantación ata chegar á elaboración de tecidos. Quedamos asombrados!! Fanse unhas 32 labores diferentes. Menudo traballo!!
Logo, unha mulleres de Insua ( Vilalba) ensináronnos de forma practica a maneira de traballar o liño (tendelo, secalo , ripalo, mazotalo...) Ata nos deixaron probar para ver que tal se nos daba.
Como estamos traballando as máquinas, poidemos observar as que utilizaban durante todo este proceso. Tamén nos chamou moito a atención, a maneira en que teñían as madeixas de liño: con infusión de ortiga, con moras, con cáscara de cebola...
 Cantas cousas bonitas aprendemos que non se atopan nos libros!!

viernes, 8 de febrero de 2013

MENUDOS PALLASOS

Chegou por fin a hora de celebrar o Antroido no cole. Este ano fixemos un disfraz sumativo, económico e ecolóxico. O luns trouxemos zapatos de distinta cor ou con lazos; o martes engadimos uns calcetíns rechamantes, cos pantalóns remangados; o mércores con paxariña (que chulas quedaban feitas con bolsas); o xoves fixemos no cole uns fermosos gorriños cunhas melenas feitas con bolsas do lixo; e finalmente o venres xa chegamos ao cole vestidos e ben pintadiños. Menudos pallasos!!!!
Como sempre, á hora do recreo comemos as orellas  (graciñas a todos os membros da ANPA) e os freixós (graciñas ao Concello). Despois, no pavillón cantamos unhas cancións , con baile, en homenaxe a Miliki e desfilamos cos nosos disfraces. Foi unha xornada estupenda.

martes, 5 de febrero de 2013

EXPERIMENTAMOS COA AUGA

Traballamos na clase as presentacións da auga postas no blog. Ademáis recordamos experimentos do curso pasado e fixemos algúns novos. 



  • Quentamos auga nunha pota e fixámonos como pasaba a auga líquida a estado gasoso (ebulición).
  • Como o testo da pota estaba frío, o vapor de auga condensábase e caía en forma de pingas de auga (condensación).
  • Metémos un pedaciño de xeo con colorante azul nun vaso con auga morna e colorante amarelo. Pouco a pouco o xeo derretíase (fusión). Tamén comprobamos así as diferentes densidades da auga fría e quente, xa que as cores non se mezclaban ata ir acadando as mesmas temperaturas.
  • Este mesmo experimento sirveunos para lembrar como flotan os icebergs.

lunes, 4 de febrero de 2013

A AUGA

Para ir aprendendo algunhas cousas da auga podemos ir ollando esta unidade didáctica elaborada polo  CEIP San Rafael (Cádiz)

Tamén este outro recurso en flash pode ser interesante. A ver cal vos gusta mais.

miércoles, 30 de enero de 2013

TODO O COLE FESTEXA A PAZ

Daba gusto ver hoxe o cole. Todos xuntos, Infantil, Primaria e Secundaria, festexando a Paz. Bótanse de menos estas ocasións nas que todos temos algo que compartir. O profe José Mª  debuxou unha estupenda pomba na pista do pavillón e o profe Pedro Puxo a sinalización para que cada curso poidese entrar e colocar sobre esta silueta un taponciño branco ( dos que estamos a recoller nas clases para os nenos/as con enfermidades "difíciles"). Quedou estupenda!! Logo cantamos as cancións que nos ensinou Marita , a profe de música. O alumnado de Secundaria, cantou tamén unha bonita canción en francés. Todos a coro cantamos para pedir que a Paz no mundo sexa unha realidade.

PINTAMOS POLA PAZ

Traballando a Picasso , non podíamos deixar de falar do Guernica. Este cadro gustounos moito, tanto polos debuxos como pola historia que trataba de representar.Chegado o día da Paz, como nos pareceu bastante triste, decidimos darlle cor e ademais compartilo co alumnado de 4º e a súa profe Fina. Entre todos fixemos este mural, que non nos quedou nada mal, non si?


Se queredes saber mais cousas do Guernica, aquí tedes unha páxina interesante, que nos pasou Pilar , da biblioteca. Clicade aquí.


lunes, 28 de enero de 2013

MIRO

Rematados os traballos de Picasso, imos empezar a coñecer algúns datos interesantes doutro importante pintor: Miró. Mirade este pequeno conto e xa me contaredes se vos gusta.

domingo, 27 de enero de 2013

GÚSTANOS PICASSO

Estamos rematando o proxecto de Picasso que fixemos en Plástica, na sección bilingüe. Aprendemos moitas cousas deste gran artista e por suposto fixemos fantásticos debuxos. Aquí tedes unha mostra. Se queredes ver mais ollade o blog que temos na barra da dereita Learning with you.


                                          

PREPARANDO A PAZ

O cole estase preparando para celebrar o Día da Paz. Polos corredores xa se empezan a ver murais, que reflexan o traballo dos nenos e nenas  nestes días. A profe Marita estanos ensinado unhas fermosas cancións para cantar todos xuntos o día 30. En galego cantaremos "No mundo" de Lúar na Lubre. Outra canción que está a ensaiar có alumnado é " Ciudadanos de un lugar llamado mundo". Son chulísimas!!
Na clase de 3ª, como estamos a traballar a Picasso, decidimos facer un Guernica, en colaboración cós nenos e nenas de 4ª. Atopamos os debuxos no blog ACTILUDIS e como nos daba un pouco de pena velo tan escuro, decidimos darlle cor e alegría. Pronto veredes os resultados.
Para que vos vaiades entretendo deixo a canción de Lúar na Lubre e dúas de Macaco, que a min me gustan moito e me parecen moi apropiadas para estas datas.

sábado, 26 de enero de 2013

DÍA DA EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL

Xa sabedes que no noso cole, como en moitos outros, estanse recollendo tapóns de plástico, coa finalidade de axudar a nenos con enfermidades "raras", difíciles. Aquí tedes un vídeo no que se amosa o proceso de reciclaxe deses tapóns. 

martes, 22 de enero de 2013

DIVERTÍMONOS APRENDENDO

Este tema do Universo é moi importante e estanos gustando moito. Estamos aprendendo moitas cousas e, por suposto, tamén ten que haber tempo para a diversión.



E se queredes aprender mais acerca do nacemento do Sistema Solar, podedes clicar na seguinte imaxe.


E se nos imos cós da Nasa, ademáis de aprender, seguro que atoparemos xogos para pasar un bo rato. Clicade na foto e veredes.




lunes, 21 de enero de 2013

VIAXE AO SISTEMA SOLAR

E para recordar e aprender cousas dos planetas, podemos botar unha ollada a este vídeo. Seguro que vos gusta.

FASES DA LÚA

 Como imos traballar a Terra e os planetas, aquí queda un pequeno vídeo explicativo das distintinta fases da Lúa.

O DÍA E A NOITE

martes, 15 de enero de 2013

OS MELLORES MAESTROS

Hoxe contamos na nosa clase cós mellores especialistas en Abellas  de todo o cole: os nenos e nenas de 6º de Infantil e a súa mestra  Ángeles. Trouxeron uns murais preciosos, feitos por eles, e con moita soltura e desenvolvemento, explicáronnos que tipo de animal é a abella, as partes do seu corpo, os tipos de abellas...Quedamos alucinados con tanto como sabían! Tamén nos ensinaron dúas maquetas de colmeas, unha mais antiga e outra mais moderna.Por suposto, encantounos o afumador, que a profe Ángeles nos puxo a funcionar.
Como son moi amables, deixaron todo na nosa clase, para que poidamos disfrutar e compartir os seus traballos durante uns días. Moitísimas, moitísimas grazas!

miércoles, 9 de enero de 2013

A BAILAR, A BAILAR

Non sei se haberá no cole uns nenos e nenas mais "bailaretes" que os de 3º. Os días  en que o tempo non nos permite facer o recreo no patio, quedan na clase e logo... Cando eu chego sempre teñen un baile "sorpresa" preparado. Nesta ocasión, como tíñamos sección biligüe, o baile ía especialmente dirixido a Marian. Estou segura que quedou encantada con estes fantásticos bailaríns. Mirade, mirade!!

martes, 8 de enero de 2013

OS INSECTOS

Xa estamos de volta e hai que poñerse mans á obra. Imos comezar a traballar os animais  invertebrados. Podédesvos entreter con este vídeo dos insectos e seguro que aprenderedes moitas cousiñas.