Estes día estamos investigando e aprendendo cousas sobre a auga. Na asamblea recordamos o proxecto feito en infantil coa profe Oliva e decidimos amplialo un pouquiño.
Fixemos un primeiro experimento ben sinxeliño. Botamos en auga maateriais diferentes: un lapis, aceite, cortiza, plastilina ( a mesma primeiro nunha bóla e logo en forma de lancha), azucre, sal , terra...Fixemos hipóteses do que ía suceder e así traballamos conceptos como flota, afúndese, mestúrase ou disólvese.
A plastilina en forma de bola íase ao fondo. En forma de barco conseguía flotar!!!!
Para traballar a presión , fixemos un "submarino". Empregamos unha botella chea de auga, tres globos e unha torca pequena. Pasamos os globos polo interior da torca, de xeito que as boquillas quedaran algo froxas e metímolas dentro da botella.
Os globos flotan dentro da botella. Agora aplicamos presión. Unha pequena cantidade de auga introdúcese polas bocas dos globos e...
O "submarino" afúndese!!!
Temos que dicir que a primeira vez non nos saeu ben o experimento, pero como xa temos experiencia como científicos, voltamos a intentalo. Agora si que si.
Ata nos gusta levalo para a casa para ensinarllo ás nosas familias.
Tamén experimentamos o principio dos vasos comunicantes e a capilaridade.Como unha imaxe vale máis que mil palabra aquí o tedes. En moi pouquiño tempo a auga dos cinco vasos nivelouse , mesmo nos vasos que non tiñan auga. Quedou coreada de laranxa a auga do vaso que estaba entre o amarelo e o vermello; e dun azul tirando a morado a que estaba entre o azul claro e o vermello.
Nun vaso de tubo comprobamos como se comportan materiais con distintas densidades: mel, auga ( con colorante azul), aceite de xirasol, aceite de oliva. Quedou espectacular!!
Saleta e Manuel querían averiguar canta auga tiñamos no noso corpo. Como o internet non nos ía, foron preguntar á profe Fina, de 2º. Ela contoulles que aproximadamente 3 partes de catro. Entón , collemos unha garrafa, medimos (primeiro a metade, e logo a metade da metade), fixemos unha marca e enchemos ata a marca de auga. Se case somos todo auga!! Bautizamos á nosa garrafa como Gotiña e estámola a adornar. Xa ten cabeza, brazos...
E a próxima semana, seguiremos experimentando.
4 comentarios:
Que ben o pasan e canto aprenden!!!!
Como me gustan es@s grandes científic@s! Tráenme moi bos recordos!
Biquiños.
Encántanme os vosos experimentos coa auga. É o mellor xeito de aprender. Un bico.
gustame moito
Publicar un comentario