sábado, 6 de marzo de 2010

DÍA DA MULLER-2010

O próximo luns, 8 de marzo,celebramos o Día Internacional da Muller.Sírvenos para lembrar que queda moito por loitar e traballar pola igualdade de dereitos e oportunidades.A igualdade, máis que un dereito xa debería ser unha obligación.Dende a casa e dende a escola temos que traballar a coeducación dos nosos nenos e nenas e colaborar así co esforzo de tantas e tantas mulleres do mundo para chegar á igualdade, conseguir respecto, xustiza e paz.

A profe Angeles, no seu blog remendos, puxo uns contiños moi lindos, que veñen moi ben para este día,e, co seu permiso, vou aproveitar para recomendárvolos.O libro dos porcos xa o traballamos o ano pasado e seguro que o recordades.Se queredes ver Rosa Caramelo, pinchade aquí.Tamén vos gustará ler Arturo e Clementina,pinchade aquí para ler o conto.E se queredes ler máis, entrade en remendos, que é un blog precioso.
Se ademáis de ler vos gusta escoitar música, seguro que vos gustará escoitar está canción de Luar na Lubre,adicada en especial al loitadoras mulleres galegas.



Tampouco está mal, xa que estamos co plurilingüismo escoitar Woman e ver o que John Lenon pensaba das mulleres.


FELIZ DÍA A TODAS AS MULLERES

1 comentario:

Ángeles. dijo...

Gracias Loli pola publicidade que lle dás ao meu blog e polos teus comentarios que me animan moito. Entre todos compartindo o que sabemos imos mellorando, aínda nos queda moito por aprender!
Estou de acordo contigo, na escola e nas familias dando exemplo, temos que seguir traballando pola igualdade. As cancións preciosas!
Un bico