miércoles, 10 de marzo de 2010

ESCRIBIMOS CON PLUMILLAS

Como estamos có proxecto O pasado, aproveitamos para visitar o museo do noso cole, acompañados por José Mª, que nos explicou moitas cousas interesantes. Tamén tivemos a sorte de que a profe Fina Fernández viñese á nosa clase. Ela sempre escribe con pluma estilográfica e trouxonos unhas plumillas e uns tinteiros para explicarnos como escribían na "vella escola".Poidemos practicar un bo rato e démonos conta do difícil que era escribir sin facer borróns, sen manchar as mans...Pero de tódolos xeitos, nenos e nenas estaban encantados e non querían parar de escribir coa plulmilla.Graciñas José Mª e Fina, porque as vosas explicacións aportáronnos ledicia, saber e aprecio polo noso pasado.

2 comentarios:

Teachers dijo...

Que divertida e interesante esta actividade que fixechedes! Noraboa pola idea e seguide así de traballadores. Biquiños.
Angeles "the teacher".

Anónimo dijo...

Ola, son Ángela.Foi moi divertido pintar con pluma.
Gustounos moito.