sábado, 20 de marzo de 2010

O PASADO

Enlazando coa situación da muller hai uns anos, estamos estudando un pouquiño o noso pasado. Como sempre os nen@s e as familias volcáronse traendo material. Moitas graciñas a todos. Cantas cousas aprendemos desta maneira que non veñen nos libros!Grazas tamén aos compañeiros, en este caso Fina F. e José Mª, que compartiron con nós o seu tempo, o seu saber e o seu coñecemento do museo.Uns nen@s recordarán dúas cousas, outros catro...pero seguro que todos aprenderon cousiñas que non van esquecer.

1 comentario:

Ángeles. dijo...

Con todos eses nenos e nenas buscando información seguro que todos/as aprendistes cantidade de cousas curiosas do noso pasado. Encima temos a sorte de contar cun museo no propio cole e cuns profes especializados no tema. Noraboa polo voso traballo e ánimo para seguir investigando dunha maneira amena e divertida noutros proxectos que vos interesen. Bicos.