lunes, 4 de junio de 2012

BAÑAL-ROTEIRO


O pasado día 24 de maio, para conmemorar o Día Europeo dos Bosques,  a Aula de Medio Ambiente do cole organizou unha saída ao Bañal. Alí , ademáis de botar abono aos buxos que xa plantáramos o ano pasado, e de regalos, pasamos un rato moi entretido merendando e xogando. Podedes mirar aquí algunha das fotos que fixemos.

Logo, o día 29, fomos facer un roteiro pola beira do río Eume, dende a área recreativa do Caneiro. Os alumnos de 1º e 2º fixeron un tramo duns tres kilómetros. Os maiores de 3º e 4º, xunto con Alex de 2º e un grupo de "ousados " mestres continuamos ata a Vacariza ( uns 6 kilómetros).Temos que dar ás grazas aos membros do clube de senderismo e montañosmo que nos orientaron e acompañaron todo o camiño.Se queredes ver máis fotos destas actividades visitade o blog da  A.M.A.







1 comentario:

Fina Blanco Antelo dijo...

Estos pequenos sí que son amantes da natureza. Dá gusto ver o que disfrutan de todo o que facemos dende a AMA. E non falemos do andaríns que estades feitos. Un bico para todos vós e seguide con ese entusiasmo .