viernes, 8 de junio de 2012

CHEGOU O DÍA DA EXCURSIÓN

Hoxe fomos de excursión. Logo de chegar ao cole marchamos en autobús cara Arateixo. Alí esperábanos Alvaro, para ensinarnos a rotativa da Voz de Galicia. Amosounos algún estudio de V Televisión, como se facían os xornais, os enormes rolos de papel....Foi unha hora que se nos pasou voando. O noso seguinte destino foi a estación de trens da Coruña. Despois de xantar alí , moi acomodadiños, collimos o tren que nos levou a Betanzos. Menuda aventura!! Algúns rapaces queixábanse  de que o tren non ía moi rápido. (Pensarían que iamos no AVE).
O último tramo da xornada, pasámolo no Pasatempo, un fermoso, ainda  que algo descuidado, parque, con grutas, labirintos...E, como o tempo nos acompañou, rematamos cun riquísimo xeado.

No hay comentarios: