miércoles, 13 de junio de 2012

WENLOCK AND MANDEVILLE

Outra sesión máis de Plástica e seguimos aprendendo cousiñas das Olimpiadas. Aprendemos que hai cancións olímpicas, moitos paises participantes, con diferentes bandeiras, un montonazo de deportes...Coloreamos as mascotas Wenlock e Mandeville e deixamos voar a nosa imaxinación. Uns nenos preferiron colorealos como os vimos no video e nas fotos, pero outros escolleron facerlles novos e orixinais diseños. Como  o fixeron "very good", todos eles gañaron unhas medallas que decoraron con moita maña.

1 comentario:

Ana Martínez dijo...

¡Menuda actividade! Cantas cousiñas sabedes xa sobre as olimpiadas! Fixeron tan ben as mascotas que non me extraña nadiña que gañaran unhas medallas. Son uns campións. Unha aperta.