martes, 12 de junio de 2012

MOLAN AS OLIMPIADAS

Pois xa buscamos moita información sobre as Olimpiadas. Todos trouxemos algunhas informacións semellantes e , tamén, moitas diferentes. Todas elas fan que , uns con outros , aprendamos moito. A todos nos encanta contar o que sabemos e que os demáis nos escoiten con atención.
Estivemos observando os aros olímpicos, falando do seu significado, das súas cores. Como nos pareceu interesante, na clase de Plástica fixemos os nosos aros.
Quedounos un ratiño para ver as aventuras de Wenlock e Mandeville, as mascotas e seguro que o próximo día nos animamos a decoralas.

2 comentarios:

Ana Martínez dijo...

Estades a aprender un montón de cousiñas sobre as olimpiadas. Merecedes a medalla de ouro. Un bico.

Teachers dijo...

Canta información e que debuxos tan bonitos. Noraboa a tod@s!
Biquiños da "teacher"