miércoles, 17 de junio de 2009

EXCURSIÓN A CARIÑO

O día 11 de xuño fomos de excursión a Cariño. Como moitas outras veces compartimos viaxe cos nenos e nenas de 2º curso e a súa profe Fina. Tamén nos acompañaron os profes Pablo e Digna que,ademáis de axudarnos, fixeronnos pasar moi bos ratos.

Cando chegamos a Cariño, embarcamos no Aula do Mar e José Miguel explicounos como funcionaban os chaleques salvavidas POR SI ACASO. Explicounos cousas moi interesentes:

-As rochas que estábamos vendo parece que son das máis antigas do mundo.

-Podemos ver moitas aves mariñas, como gaivotas e cormoráns.Estaban moi simpáticas enriba das rochas poñendo a súa plumaxe a secar.

-Pasamos polos Tres Aguillóns e pasamos do mar Cantábrico ao Océano Atlántico. Alí si que se movía un pouquiño máis o barco.

-Chegamos ata o Cabo Ortegal e vimos o faro dende o mar.

A viaxe en barco foi preciosa, as vistas son impresionantes e a única pega que temos e que se nos fixo moi curta a estancia no barco. Estamos dispostos a repetir.



DIA DO MEDIO AMBIENTE

O día 5 de xuño celebramos o Dia do Medio Ambiente.Tiñamos pensado facer unha pequena plantación, pero o tempo non nos permitiu facer tal cousa. Daquela tivemos a sorte de poder contar con Lurdes e facer un pequeno Obradoiro de Plástica, xunto cos nenos e a profe de 2º. Lurdes ensinounos a facer cousas fermosas con papeis de xornal ou folletos de propaganda. fixemos unhas flores moi sinxelas, que quedaron moi bonitasl. Logo ensinounos a facer cestiños, aínda que facer os "churriños" coas follas do periódico non lles resultou nada fácil aos nenos e nenas e ...tampouco ás profes.Todavía nos quedou pendiente facer unhas bolboretas con papeis e palliñas, que faremos un día destes.

martes, 2 de junio de 2009

UN MAIO BEN COMPLETO

Este mes de maio foi ben completo, e estivo cheiño de actividades. Aquí tedes algunhas delas:

-Fixemos unha viaxe á Coruña, ao IES Cruceiro Baleares,para ver a obra de teatro Hansel e Gretel.Estivo moi entretida, e os actores eran auténticos profesionais. Pasámolo moi ben.







- Tamén celebramos o Día das Letras Galegas.Como xa é costume fixemos un festival na Casa Dopeso.Os nenos e nenas de 1º fixeron un recitado do poema "As cores da vida", e quedoulles moi ben.Felicidades a todos e grazas polo voso esforzo. Os demáis cursos tamén fixeron cousas preciosas, dende os pequenos ata os maiores, que ata nos fixeron trucos de maxia.



-Celebramos o 25 aniversario do noso cole, que rematou cunha gran comida, nunha carpa instalada no patio do cole, o día 23 de maio.Pero non todo quedou ahí. fixéronse exposicions de fotos nos corredores, de libros na biblioteca, charlas didácticas, concertos , teatro, visita dos futbolistas David Rochela e Adrián López...Para rematar, os nenos e nenas de 1º,2º e 3º, os titores o profe Pablo,e unha veciña do lugar, Marina,. fixemos un roteiro polo Freixo. Chegamos en autobús ata a Igrexa do Freixo.Logo fomos andando ata un lugar chamado Os Feros.Como non podía ser doutra maneira, paramos a merendar, beber e xogar un pouquiño. Finalmente, subimos ao cumio do Caxado (757 m)


martes, 12 de mayo de 2009

A CLASE DE 4 ANOS

Cando rematamos a plantación de árbores, aproveitamos para pasar pola clase de 4 anos. Ali os nen@s e a profe Pamen, ensináronnos uns pitiños preciosos que trouxera María. Que risa! En canto os sacou da caixa e os puxo na mesa para que os viramos empezaron a....facer caquiñas e había que limpar todo. Logo vimos unha planta que nos chamou moito a atención, o Amarilis, unha fermosa planta de bulbo.Foi unha xornada moi aproveitada.

A PLANTAR COS DE 3 ANOS

Xa hai uns días fixemos unha actividade ben bonita. Xunto cos nenos e nenas de 3 anos, e aproveitando un día que facía bo, fomos á entrada do viveiro para plantar unha árbores que trouxo a profe Dulce. Entre elas había pradairos,acivros, bidueiros, nogueiras. Os maiores axudaron aos máis pequenos e José Antonio, o conserxe, axudounos a todos, sacando a terra dos sacos grandes para uns macetóns. Así os nenos e nenas poidérona coller moito mellor. Quedaron moi ben plantadiñas. Esperemos que medren todas.

martes, 14 de abril de 2009

OS CANARIOS DE LOLO

Hoxe estivo con nós Lolo, o tío de Carmen.Encántanlle os paxaros e un dos seus pasatempos favorito é a cría de canarios. Trouxonos dous nunha gaiola e contounos moitas cousas acerca destes animaliños. Explicounos como se alimentaban (eu non imaxinaba que só con pasar en día sen comer ou beber xa podían enfermar e morrer), como se reproducían , como logo de ter os oviños no niño ás veces tiñan que separ ao macho da femia.Contounos tamén como lles facía os niños (algúns nenos xa sabían que ata podían empregar pelo de cabra).Ensinounos un producto que lles da aos canarios para que conserven a súa cor ben fermosa, xa que en cautividade tenden a perdela.Como nos traía un CD preparado con fotos , estivemos vendoas na pizarra dixital. Bueno, vese que a Lolo lle encantan os canarios e fixo que os nenos estivesen encantados con él e os seus paxaros.Non se cansaban de miralos e de facerlle preguntas e comentarios.Foi unha experiecia preciosa. Moitas grazas Lolo.

QUE RICAS AS PALMEIRAS

A mamá de Andrea ofreceuse para ensinarnos a facer palmeiras e canas recheas de chocolate.Non nos custou nada aceptar o seu ofrecemento.Outras mamás e papás viñeron tamén para axudarnos: os papás de Vicente, a mamá de David, as mamás dos Danieles, a mamá de Carmen, a irmá e a mamá de María.
Primeira sorpresa: Marisé traianos preparados uns delantais preciosos, feitos con bolsas de basura. Estabamos todos guapisimos/as.
Segunda sorpresa: Para cado neno e nena tiña un trociño de hoxaldre. Botaronlle fariña, estiráronos cuns rodillos, untáronos con ovo e enrolaronos polos bordes, para despois cortar as palmeiriñas.Facilísimo de facer, pasámolo estupendamente.Despois metémolas no forno e a esperar.
Terceira sorpresa:Ademáis das palmeiras ensinounos a facer as canas cuns moldes. Xa tiña algunhas feitas, que os nenos/as encheron de chocolate. Que ben ulía!
Cuarta sorpresa: Sairon as palmeiras do forno e estaban boísimas, e non digamos nada das canas de chocolate!Coido que algún dos nenos e nenas e mesmo algún mestre, xa non poderían xantar nada este día.
Moitísimas gracias por todo, mamás e papás.

domingo, 29 de marzo de 2009

VISITA A LEDICIA

O xoves despois do recreo, fomos ata a floristería Ledicia.Acompañounos Ana, a mamá de Carmen.Foi unha visita moi proveitosa. Isabel ensinounos moitas cousas:
-Que hai plantas como os felgos que se reproducen por esporas.
-Que outras nacen de bulbos.
-Tamén aprendemos que hai plantas aéreas, que non precisan terra para vivir, Que curioso!
-Algunhas plantas, como o aloe vera, son medicinais e serven para curarnos algunhas enfermidades.
-Hai algunhas plantas que son carnívoras e coas súas folliñas atrapan insectos que logo lles serven de alimento.
-O cactus é moi simpático. As súas follas son pinchos; así non lles da tanto sol e non se queiman no deserto,ademáis de servilles para defenderse. Que pillinas!
Por riba, Isabel regalounos un cactus a cada un e uns caraveis. Así seguro que outra vez repetimos.GRACIAS POR TODO ISABEL.

A TÍA DE ANTONIO


O xoves pasado a tía de Antonio veunos ensinar un vídeo e unhas fotografías que lle fixo aos seus animais.Ten moitísimos: galiñas, coellos ,faisáns,cans,pavos, patos, ocas, pombas,porquiños...Gustounos moito, ainda que parece que ese día as cousas non querían funcionar. a pizarra dixital non nos quixo facer moito caso, e o portatil quedou sen son. De todos modos, Pili, a tía de Antonio, deixounos unha copio do vídeo e tentáremos velo outra vez, para poder escoitar os ruidiños dos animais. GRACIAS POR TODO PILI.

sábado, 28 de marzo de 2009

DÍA DA MULLER



O día 8 de marzo, celebramos o Día internacional da muller. Dende o concello organizaron actividades para os escolares. A nós viñéronnos contar unha historias moi divertidas que nos fixeron reflexionar sobre o tema.

Despois na clase limos un libro fermoso que nos recomendou a profe Dulce e que nós vos recomendamos a todos:O LIBRO DOS PORCOS, de Anthony Browne.Tedes aquí unha imaxe da portada do libro.Observándoa e logo de ler o libro, os nenos e nenas decían cousas como estas:

David: Os fillos e o pai están subidos enriba da nai.

Angela: Porque a nai sempre carga con todo.

Carme: E á nai pésanlle moito!

David: Ela parece a máis traballadora.

Angela: A min o libro gustoume, pero cando apuraban á nai non me gustou nada.

Carmen: A min non me gustou tampouco daquela.Non hai que apurar tanto ás nais, aínda que chegaran un pouco tarde á escola. Ao final, o libro gustoume moito.

Dani: Gustoume todo, porque eles eran uns porcos.

Andrea: As páxinas en que non facían nada non me gustaron, pero as outras gustáronme moito.

David: Gustoume o final, porque colaboraron todos.

Antonio: A min gustoume máis o final ca o principio.

Loli: A min encantaríame que de maiores seguirades todos e todas pensando así.


sábado, 28 de febrero de 2009

PIRATAS DO CAXADO

E aquí estamos todos, xa co traballo rematado e ben disfrazados de piratas. Que vos parece?

PREPARAMOS O ANTROIDO

Como disfrutamos este ano dos disfraces. En primeiro lugar, elaboramos un cuadernillo pirata e aprendimos moito vocabulario e expresións piratas: catalexo, alfanxe,ao abordaxe, a durmir cos peixiños. Mercamos teas vermellas para facer uns chaleques e os nenos e nenas puxéronse mans á obra para coselos polos hombreiros e non vexades con que estilazo. Ademáis ,con pintura de tea branca pintáronlles unhas calaveiras. Tamén puxeron unha calaveira no parche, estampada con unha pataca. Xa veredes que chuli lles quedou todo.

miércoles, 4 de febrero de 2009

OBRADOIROS POLA PAZ

Este ano, o Día da Paz, levamos a cabo unha experiencia nova:os obradoiros.Xuntamos aos nenos e nenas de E. Infantil, 1º,2º e 3º e dividímolos en 4 grupos, procurando que en cada grupo houbese nenos de tódolos niveis.Cada grupo estaba nun obradoiro e cada media hora rotaban a outro obradoiro diferente. Tivemos un taller de Plástica, onde tódolos nen@s foron facendo un mural precios;outro de xogos cooperativos,onde aprenderon a xogar colaborando e axudando aos demáis;tamén houbo un taller de Vídeo, no que poideron ver unha fermosa película relacionada coa paz;finalmente fixemos tamén un taller de contos, onde os alumnos cociñaron unha exquisita sopa para mellorar a convivencia no cole.Creo que todos os profes estivemos de acordo en que a experiencia resultou fantástica e estamos dis postos a volver repetila.Finalmente, todos os alumnos e profes do cole nos xuntamos no pavillón para cantar unhas bonitas cancións e formar a palabra Paz.

lunes, 2 de febrero de 2009

TRABALLAMOS POLA PAZ

































Os nen@s de 1º ,2º e 3º fixemos de forma conxunta un mural para o Día da Paz. Foi un traballo cooperativo, que, unha vez rematado levamos para a biblioteca.

BICOS E APERTAS GRATIS




Con motivo da celebración do Día da Paz,o mércores recibimos unha visita extraordinaria. Os nenos e nenas de 3 anos, xunto coa sua profe Dulce visitaron todas as clases e ata a sala de profes, regalándonos "Bicos e apertas gratis"para todos.Foi estupendo, xenial.Por uns momentiños esquecemos o que estábamos a facer para apertarnos e bicarnos.Esperamos que nos traian máis veces este tipo de agasallos.