martes, 2 de junio de 2009

UN MAIO BEN COMPLETO

Este mes de maio foi ben completo, e estivo cheiño de actividades. Aquí tedes algunhas delas:

-Fixemos unha viaxe á Coruña, ao IES Cruceiro Baleares,para ver a obra de teatro Hansel e Gretel.Estivo moi entretida, e os actores eran auténticos profesionais. Pasámolo moi ben.







- Tamén celebramos o Día das Letras Galegas.Como xa é costume fixemos un festival na Casa Dopeso.Os nenos e nenas de 1º fixeron un recitado do poema "As cores da vida", e quedoulles moi ben.Felicidades a todos e grazas polo voso esforzo. Os demáis cursos tamén fixeron cousas preciosas, dende os pequenos ata os maiores, que ata nos fixeron trucos de maxia.



-Celebramos o 25 aniversario do noso cole, que rematou cunha gran comida, nunha carpa instalada no patio do cole, o día 23 de maio.Pero non todo quedou ahí. fixéronse exposicions de fotos nos corredores, de libros na biblioteca, charlas didácticas, concertos , teatro, visita dos futbolistas David Rochela e Adrián López...Para rematar, os nenos e nenas de 1º,2º e 3º, os titores o profe Pablo,e unha veciña do lugar, Marina,. fixemos un roteiro polo Freixo. Chegamos en autobús ata a Igrexa do Freixo.Logo fomos andando ata un lugar chamado Os Feros.Como non podía ser doutra maneira, paramos a merendar, beber e xogar un pouquiño. Finalmente, subimos ao cumio do Caxado (757 m)


martes, 12 de mayo de 2009

A CLASE DE 4 ANOS

Cando rematamos a plantación de árbores, aproveitamos para pasar pola clase de 4 anos. Ali os nen@s e a profe Pamen, ensináronnos uns pitiños preciosos que trouxera María. Que risa! En canto os sacou da caixa e os puxo na mesa para que os viramos empezaron a....facer caquiñas e había que limpar todo. Logo vimos unha planta que nos chamou moito a atención, o Amarilis, unha fermosa planta de bulbo.Foi unha xornada moi aproveitada.

A PLANTAR COS DE 3 ANOS

Xa hai uns días fixemos unha actividade ben bonita. Xunto cos nenos e nenas de 3 anos, e aproveitando un día que facía bo, fomos á entrada do viveiro para plantar unha árbores que trouxo a profe Dulce. Entre elas había pradairos,acivros, bidueiros, nogueiras. Os maiores axudaron aos máis pequenos e José Antonio, o conserxe, axudounos a todos, sacando a terra dos sacos grandes para uns macetóns. Así os nenos e nenas poidérona coller moito mellor. Quedaron moi ben plantadiñas. Esperemos que medren todas.

martes, 14 de abril de 2009

OS CANARIOS DE LOLO

Hoxe estivo con nós Lolo, o tío de Carmen.Encántanlle os paxaros e un dos seus pasatempos favorito é a cría de canarios. Trouxonos dous nunha gaiola e contounos moitas cousas acerca destes animaliños. Explicounos como se alimentaban (eu non imaxinaba que só con pasar en día sen comer ou beber xa podían enfermar e morrer), como se reproducían , como logo de ter os oviños no niño ás veces tiñan que separ ao macho da femia.Contounos tamén como lles facía os niños (algúns nenos xa sabían que ata podían empregar pelo de cabra).Ensinounos un producto que lles da aos canarios para que conserven a súa cor ben fermosa, xa que en cautividade tenden a perdela.Como nos traía un CD preparado con fotos , estivemos vendoas na pizarra dixital. Bueno, vese que a Lolo lle encantan os canarios e fixo que os nenos estivesen encantados con él e os seus paxaros.Non se cansaban de miralos e de facerlle preguntas e comentarios.Foi unha experiecia preciosa. Moitas grazas Lolo.

QUE RICAS AS PALMEIRAS

A mamá de Andrea ofreceuse para ensinarnos a facer palmeiras e canas recheas de chocolate.Non nos custou nada aceptar o seu ofrecemento.Outras mamás e papás viñeron tamén para axudarnos: os papás de Vicente, a mamá de David, as mamás dos Danieles, a mamá de Carmen, a irmá e a mamá de María.
Primeira sorpresa: Marisé traianos preparados uns delantais preciosos, feitos con bolsas de basura. Estabamos todos guapisimos/as.
Segunda sorpresa: Para cado neno e nena tiña un trociño de hoxaldre. Botaronlle fariña, estiráronos cuns rodillos, untáronos con ovo e enrolaronos polos bordes, para despois cortar as palmeiriñas.Facilísimo de facer, pasámolo estupendamente.Despois metémolas no forno e a esperar.
Terceira sorpresa:Ademáis das palmeiras ensinounos a facer as canas cuns moldes. Xa tiña algunhas feitas, que os nenos/as encheron de chocolate. Que ben ulía!
Cuarta sorpresa: Sairon as palmeiras do forno e estaban boísimas, e non digamos nada das canas de chocolate!Coido que algún dos nenos e nenas e mesmo algún mestre, xa non poderían xantar nada este día.
Moitísimas gracias por todo, mamás e papás.

domingo, 29 de marzo de 2009

VISITA A LEDICIA

O xoves despois do recreo, fomos ata a floristería Ledicia.Acompañounos Ana, a mamá de Carmen.Foi unha visita moi proveitosa. Isabel ensinounos moitas cousas:
-Que hai plantas como os felgos que se reproducen por esporas.
-Que outras nacen de bulbos.
-Tamén aprendemos que hai plantas aéreas, que non precisan terra para vivir, Que curioso!
-Algunhas plantas, como o aloe vera, son medicinais e serven para curarnos algunhas enfermidades.
-Hai algunhas plantas que son carnívoras e coas súas folliñas atrapan insectos que logo lles serven de alimento.
-O cactus é moi simpático. As súas follas son pinchos; así non lles da tanto sol e non se queiman no deserto,ademáis de servilles para defenderse. Que pillinas!
Por riba, Isabel regalounos un cactus a cada un e uns caraveis. Así seguro que outra vez repetimos.GRACIAS POR TODO ISABEL.

A TÍA DE ANTONIO


O xoves pasado a tía de Antonio veunos ensinar un vídeo e unhas fotografías que lle fixo aos seus animais.Ten moitísimos: galiñas, coellos ,faisáns,cans,pavos, patos, ocas, pombas,porquiños...Gustounos moito, ainda que parece que ese día as cousas non querían funcionar. a pizarra dixital non nos quixo facer moito caso, e o portatil quedou sen son. De todos modos, Pili, a tía de Antonio, deixounos unha copio do vídeo e tentáremos velo outra vez, para poder escoitar os ruidiños dos animais. GRACIAS POR TODO PILI.

sábado, 28 de marzo de 2009

DÍA DA MULLER



O día 8 de marzo, celebramos o Día internacional da muller. Dende o concello organizaron actividades para os escolares. A nós viñéronnos contar unha historias moi divertidas que nos fixeron reflexionar sobre o tema.

Despois na clase limos un libro fermoso que nos recomendou a profe Dulce e que nós vos recomendamos a todos:O LIBRO DOS PORCOS, de Anthony Browne.Tedes aquí unha imaxe da portada do libro.Observándoa e logo de ler o libro, os nenos e nenas decían cousas como estas:

David: Os fillos e o pai están subidos enriba da nai.

Angela: Porque a nai sempre carga con todo.

Carme: E á nai pésanlle moito!

David: Ela parece a máis traballadora.

Angela: A min o libro gustoume, pero cando apuraban á nai non me gustou nada.

Carmen: A min non me gustou tampouco daquela.Non hai que apurar tanto ás nais, aínda que chegaran un pouco tarde á escola. Ao final, o libro gustoume moito.

Dani: Gustoume todo, porque eles eran uns porcos.

Andrea: As páxinas en que non facían nada non me gustaron, pero as outras gustáronme moito.

David: Gustoume o final, porque colaboraron todos.

Antonio: A min gustoume máis o final ca o principio.

Loli: A min encantaríame que de maiores seguirades todos e todas pensando así.


sábado, 28 de febrero de 2009

PIRATAS DO CAXADO

E aquí estamos todos, xa co traballo rematado e ben disfrazados de piratas. Que vos parece?

PREPARAMOS O ANTROIDO

Como disfrutamos este ano dos disfraces. En primeiro lugar, elaboramos un cuadernillo pirata e aprendimos moito vocabulario e expresións piratas: catalexo, alfanxe,ao abordaxe, a durmir cos peixiños. Mercamos teas vermellas para facer uns chaleques e os nenos e nenas puxéronse mans á obra para coselos polos hombreiros e non vexades con que estilazo. Ademáis ,con pintura de tea branca pintáronlles unhas calaveiras. Tamén puxeron unha calaveira no parche, estampada con unha pataca. Xa veredes que chuli lles quedou todo.

miércoles, 4 de febrero de 2009

OBRADOIROS POLA PAZ

Este ano, o Día da Paz, levamos a cabo unha experiencia nova:os obradoiros.Xuntamos aos nenos e nenas de E. Infantil, 1º,2º e 3º e dividímolos en 4 grupos, procurando que en cada grupo houbese nenos de tódolos niveis.Cada grupo estaba nun obradoiro e cada media hora rotaban a outro obradoiro diferente. Tivemos un taller de Plástica, onde tódolos nen@s foron facendo un mural precios;outro de xogos cooperativos,onde aprenderon a xogar colaborando e axudando aos demáis;tamén houbo un taller de Vídeo, no que poideron ver unha fermosa película relacionada coa paz;finalmente fixemos tamén un taller de contos, onde os alumnos cociñaron unha exquisita sopa para mellorar a convivencia no cole.Creo que todos os profes estivemos de acordo en que a experiencia resultou fantástica e estamos dis postos a volver repetila.Finalmente, todos os alumnos e profes do cole nos xuntamos no pavillón para cantar unhas bonitas cancións e formar a palabra Paz.

lunes, 2 de febrero de 2009

TRABALLAMOS POLA PAZ

































Os nen@s de 1º ,2º e 3º fixemos de forma conxunta un mural para o Día da Paz. Foi un traballo cooperativo, que, unha vez rematado levamos para a biblioteca.

BICOS E APERTAS GRATIS




Con motivo da celebración do Día da Paz,o mércores recibimos unha visita extraordinaria. Os nenos e nenas de 3 anos, xunto coa sua profe Dulce visitaron todas as clases e ata a sala de profes, regalándonos "Bicos e apertas gratis"para todos.Foi estupendo, xenial.Por uns momentiños esquecemos o que estábamos a facer para apertarnos e bicarnos.Esperamos que nos traian máis veces este tipo de agasallos.

lunes, 26 de enero de 2009

CANTARÉ,CANTARÁS

O próximo día 30 todos e nenos e nenas de E.Infantil e E. Primaria e os seus mestres e mestras imos cantar todos xuntiños esta fermosa canción.Disfrutade coa letra, a música e as imxes.

DÍA DA PAZ

Creo que somos moitos aos que non nos gusta nada falar dun día para a paz.Máis ben pensamos que día a día, co noso traballo e esforzo iremos deixando pegadas pequeniñas para chegar a un mundo con menos violencia e inxustizas e con máis amor e solidariedade. Imaxinade por un momento que é posible.

lunes, 12 de enero de 2009

FESTIVAL DE NADAL

Como cada ano, ao rematar o trimestre celebramos o festival de Nadal, na Casa Dopeso. Este ano estivo moi ben. Tivemos un pouquiño de todo:panxoliñas, danzas, baile moderno, teatro.Os alumnos de 1º e 2º fixestes, ademas dos bailes e dunha panxoliña en inglés, unha obriña de teatro moi fermosa, titulada "Quérote moito" e que estaba especialmente adicada aos vosos papás e mamás. Creo que vos quedou moi linda e que vos esforzastes moito. Seguro que lles encantou.E sei dalgunha mamá que ata botou algunha bágoa. Supoño que xa vistes o vídeo na tele local. Se queredes ver algunhas fotos podedes consultar o Blog de Fina Blanco, e se queredes ver o vídeo da obriña, poñerémolo algún día na pizarra.

FLIS-FI-RIS-FLAS

Divertimonos moito no cine Alovi vendo esta obriña. E por riba viñemos para a casa con agasallos: un contiño e un CD para o ordenador.Todavía agora os nenos/as se acordan e de vez en cando se poñen eles a cantar Que chulo,que chulo,durmir e soñar

sábado, 10 de enero de 2009

AS FAMILIAS

Como xa vistes, o proxecto que fixemos sobre as familias foi moi interesante. Os nenos estiveron encantados de ser por un día os protagonistas da clase. E non digamos nada de ter na aula ao seu papá ou mamá.E que sepades aqueles que non poidestes vir,que os vosos fillos defendéronse moi ben soíños ,amosaron as súas fotos e contaron unhas cuantas anécdotas.Aprendemos moitas cousas uns dos outros: como eramos de pequenos , que cousas nos gustan, que hay familias grandes e pequenas, que algún neno atá ten tataravós...Tamén aprendemos que as veces podemos perder a xente da nosa familia, pero seguimos recordándoos con moito cariño.Non tódolos días foron iguales; algunhas veces estábamos máis cansados, vimos que era máis fácil contar cousas nosas que estar atentos ás dos demáis, pero pouco a pouco fómonos poñéndo no lugar dos outros a aprendemos a ser máis respetuosos cos compañeiros/as. A min resultoume realmente emocionante ver como os nenos/as explicaban aos seus papás porque os querían, e escoitar como para cada papá e mamá o seu fillo/a era o máis fermoso que lles pasara. Unha vez máis teño que agradecer a vosa colaboración, papás, mamás, nenos e nenas, xa que sin a vosa axuda non poderíamos levar a cabo estes proxectos, que tanto nos están aportando.Aceptade estas pouquiñas fotos como unha maneira de darvos as gracias.

domingo, 30 de noviembre de 2008

FACEMOS PAN

Este luns pasado fixemos unha actividade moi interesante. A avoa e a mamá de Vicente fixeron masa de pan. Por suposto que Vicente lles axudou moito. Logo na clase,explicáronnos como a fixeran . Botámola enriba da mesa, e , despois de untar as mans con fariña, cada neno e nena amasou o seu boliño. Algúns fixeron boliños preñados, xa que a mamá de Vicente trouxonos anaquiños de chourizo. Tamén nos axudou moito a mamá de Carmen. Logo uns poucos metímolos no forno que temos no cole.Outros cocéronse na casa de Vicente, porque eran moitos e se non non rematabamos para o recreo.Cando chegou o recreo...ESTABAN BOÍSIMOS!!

lunes, 10 de noviembre de 2008

MAGDALENAS DE CASTAÑAS

O fin de semana adiqueime á repostería. O meu marido Nardo e o meu fillo Daniel colaboraron comigo na elaboración duns doces feitos con castañas. A receita viña a semana pasada no xornal La Voz de Galicia. Non nos saíron mal e tiñan bon sabor . Decidín levarlles a proba aos nenos e nenas de 1º, xa que tamén era un alimento feito con produtos de outono. Todos e todas as comeron, aínda que Sabela e Daniel Bermúdez poñían caras un pouco raras.

FROITOS DE OUTONO

Na clase temos unha pequena exposición de produtos típicos do outono, que os nenos e nenas foron traendo. Tamén aproveitamos para relacionalos co tema dos alimentos que estamos a traballar neste momento.Algúns son perecedeiros, coma as uvas que nos trouxo Vicente. Aproveitamos para comelas antes de saír ao recreo. Estaban boísimas. Tamén lles gustou moito ver os grans de trigo. Abrimos algúns e puideron ver dentro a fariña.Encantoulles

O MAGOSTO

O venres pasado celebramos o Magosto no cole. Como cada ano aprendemos cancións, debuxamos, comemos castañas asadas ...Despois do recreo, fixemos unha xornada de xogos: os zancos, o paracaídas...Pasámolo xenial. Tivemos moita sorte co tempo. comezou a chover cando xa ía sendo hora de rematar.

viernes, 31 de octubre de 2008

UNHA PEQUENA CONVERSA

Onte estivemos facendo un traballiño na clase de Plástica .Os nenos e nenas estaban moi entretidos coloreando e recortando. Entón empezou a chover con moita forza. Escoitouse un trono. Os rapaces comenzaron a falar entre deles. Logo dun anaquiño, puxen a orella e puiden escoitar cousas tan lindas coma estas:
-Jobá! Que tormenta!
-Menos mal que temos teito.
-Se non teríamos que meternos debaixo da mesa.
-Ou escondernos nos roupeiros.
-Claro, porque se mollamos a cabeza ablándasenos o craneo, e despois o cerebro e despois...
-Pero iso non vai pasar, porque xa hai algo para as tormentas, algo así como as placas solares.

Bueno, pois a conversación prometía. Lástima que ía tocar a sirea e tiñamos que recoller. Encántame escoitar estas conversacións espontáneas dos nenos e nenas.

CONCURSO FUNGOS

Outro ano máis imos participar no Concurso de Fungos e Cogomelos organizado polo Concello.Este ano decidimos facer unha setiña con recortes de teas.Deunos bastante traballo, porque tivemos que facer moitos recortes, pero creo que o resultado valeu a pena. Quedounos un traballo ben bonito. Ahí van unhas pouquiñas fotos para que vexades.



Por certo , hoxe comunicáronnos que gañamos un premio coa nosa setiña.YUPI!!NORABOA RACES E RAPAZAS DE 1º

miércoles, 22 de octubre de 2008

O NOSO CORPO

Estivemos levando a cabo un pequeniño proxecto titulado O NOSO CORPO. Os nenos contáronme cousiñas moi simpáticas que xa sabían do corpo, e a partir de ahí surxeu a necesidade de aprender outras cousas novas. A verdade é que pasamos uns días moi entretidos. Primeiro recopilamos información, nas casas, na biblioteca do cole, nos ordenadores..., límola e comentámola. Tamén trouxemos radiografías que nos permitiron ver como eramos por dentro. Escoitamos o noso corazón cun estetoscopio, fixémolo antes e despois de correr pola clase. As carreiras na clase molan mogollón.Miramos as nosas huellas dactilares cunha lupa, pintamos, xogamos a recoñecer obxectos e compañeiros cos ollos pechados, saboreamos cousas doces, amargas...Eu aprendín e disfrutei moito con esta experiencia e espero que cada un dos nen@s aprendera polo menos algo que antes non sabía, e que o aprendera pasándoo ben

XA NOS IMOS COÑECENDO

Bueno, pois xa levamos un mes de cole e xa nos imos coñecendo un pouco. O primeiro día empezamos o cole con 13 alumn@s:Sabela, María, Claudia, Adrián, Dani C., Vicente, Dani B.,Carmen, Antonio, Xoel, Angela, David e Andrea. A última hora da mañá, chegou unha nena nova, Mónika, procedente de Bulgaria. Os primeiros días non foron moi fáciles. Eu tiven que amoldarme a un curso novo e custoume un pouquiño. Tamén eles notaron o cambio de E.Infantil a Primaria. Agora temos patio con pedras(que diver lanzarllelas aos compañeiros!!), os baños están fora da clase e encántanos saír, os roupeiros teñen portas e podemos deixar encerrados aos compañeir@s...Un mes despois, a situación cambiou un pouquiño: eu síntome a gusto con este curso, xa lles teño moito cariño, non teño que poñerme tan seria como ao principio,disfruto aprendendo con eles. Tamén eles mo poñen cada día máis fácil: pórtanse moi ben, participan activamente nos traballos da clase, cada día traballan máis e mellor...E Mónika cada día aprende palabras novas e cada vez nos podemos comunicar mellor con ela!!

miércoles, 10 de septiembre de 2008

EMPEZA O COLE

Amiguiños, aquí estamos.Pensábades que os mestres non nos poñíamos nervosos? POIS NON É VERDADE. Como cada ano nestas datas ándame un bule-bule no estómago. Como serán os meus nen@s deste curso? Entenderémonos ben? Aprenderemos moito xuntos?
Supoño que , como moitos dos meus compañeir@s teño a cabeza chea de proxectos e de cousas que me apetece facer este curso. E como tódolos cursos uns faranse realidade e outros quedarán sin facer.
Para empezar os mestres , con ilusión e moito cariño, traballamos en grupo preparando unhas cousiñas para poñer o cole ben bonito para cando cheguedes.Fixádevos como traballamos, non damos nin un chincho. Esperamos que vos guste.