sábado, 5 de junio de 2010

AS BOLIQUEIRAS 2010
















O dia 21 de maio, seguindo con actividades relacionadas coas Letras Galegas e a nosa lingua, celebrouse na Casa Dopeso a entrega dos premios do Concurso As Boliqueiras, que este ano tiña por lema "Divírtome coa lingua".Nenos e nas do noso cole acudiron a recoller os seus premios. Os nenos e nenas de segundo recibiron o terceiro premio, por un traballo ben fermoso que fixeron coa profe Marita. Grazas Marita, por axudarnos tanto.





jueves, 27 de mayo de 2010

DOUS PALLASOS EN APUROS

A ANPA do noso centro, en colaboración coa Deputación da Coruña , programou para o mércores 19 de maio unha representación teatral a cargo de compañía Os sete magníficos máis un.A obra titulábase Dous pallasos en apuros . Pola Casa Dopeso pasaron Don Quijote e Sancho, Guillermo Tell e dous dentistas un pouco tolos. Foi unha hora de diversión e risas a gargalladas. Moitas graciñas á ANPA.

RECITADO NO LICEO







O día 17 de maio, invitados pola Asociación Cultural Liceo, acudiron dúas nenas da nosa clase a facer unhas lecturiñas en galego, para celebrar o Dia das nosas Letras. Xuntáronse alí nenos e nenas de todos os coles. Todos eles recitaron e dramatizaron fermosos poemas e contos. Carmen e Ángela fixérono estupendamente, moi tranquilas e con moito sentimento. Tamén nos acompañaron tres nenos de Secundaria: Andrea, Iago e Gabriel. Algúns membros do grupo poético Alalá recitaron poesías, tanto de creación propia como de Uxío Novoneyra. E por suposto non faltaron os gaiteiros.



lunes, 17 de mayo de 2010

LETRAS GALEGAS 2010



A Real Academia Galega adica o día de hoxe ao gran escritor Uxío Novoneyra, poeta do Courel .Se pinchades aquí , entraredes na súa web e atoparedes moita información acerca da súa biografía, obras, poemas, vídeos, fotos, grabados...

Nós, no cole, fixemos moitas actividades relacionadas con este día: pegamos carteis nos corredores, estudamos nas clases ao autor e as súas obras e...como non, preparamos o noso Festival das Letras Galegas. Este ano como novidade celebrámolo no auditorio Alovi, o xoves día 13. O sitio é estupendo, con grande capacidade para acoller ao alumnado e ás súas familias, e cun gran escenario. Todo resultou moi bonito. Alí celebrouse a "voda do piollo e a pulga", soaron versos de Rosalía e de Uxío Novoneyra, chegou unha "linda ratiña de Compostela,vimos tamén á "Tia Lambida"; con Avelino Cachafeiro descubrimos como xurdiu a muiñeira de Chantada ;bailamos o "move rock "e "A roda".Como non podía ser doutro xeito, rematamos o festival cantando todos xuntos o Himno Galego, acompañados de dous gaiteiros de categoría, Carlos e Carolina.

Logo do festival e do recreo, acudimos á Biblioteca do cole, onde membros da ANPA entregaron os premios do Certame Literario e Artístico, que este ano tiña por lema As nosas aldeas.Houbo traballos ben fermosos.

Tamén alí se entregaron os premios do Concurso de Reciclado organizado pola Aula de Medio Ambiente do cole.Non deixa de sorprendernos cada ano o traballo, a creatividade da nosa comunidade escolar. Graciñas a todos por participar.

Xa para rematar , na tarde de hoxe, algúns nenos e nenas do cole (e dos demáis coles da localidade),acudiron ao Liceo para recitar poesías, contos , dramatizacións...Membros do colectivo poético Alalá tamén recitaron as súas poesías.Os Suplentes, gaiteiros da vila, animaron este festival.

domingo, 25 de abril de 2010

ANÓNIMOS CON EL AUTISMO



Entereime por casualidade de que Maite tivo a brilante idea de "inventarse" un premio, un premio chamado ANÓNIMOS CON EL AUTISMO, coa intención de que o reciba toda aquela xente que co seu traballo, cariño e dedicación fai posible que as persoas con TEA teñan un futuro cargado de posibilidades, aínda non estando directamente vinculados con eles.A min gustaríame darlle este premio a todos os membros da nosa comunidade educativa(mestres, pais e nais, nenos e nenas), que día a día , co seu labor feito de corazón, coa súa aceptación e tolerancia ante as diferencias, fan posible que os nenos e nenas con TEA avancen no seu aprendizaxe na escola, disfruten cos seus compañeiros, rían , canten , xoguen...

Acompaña a esta imaxe, a este premio, un fermoso vídeo que se titula "El arco iris del autismo".Espero que vos guste, que disfrutedes moito con él e que atopedes moitas máis persoas a quen poder entregar este premio.




PROXECTO UNIVERSO

Empezamos estes días un novo proxecto: O Universo. É un tema apasionante e creo que lles está gustando moito a tódolos nenos e nenas . Trouxeron moitos libros, debuxos, xogos, murais, DVD'S. Saben xa moitas cousas do universo, pero queren aprender moitas máis. Agora están traballando en parellas. Cada parella busca información,nos materiais que temos na clase, dun planeta.Logo elaborara un pequeno mural e expoñen aos seus compañeiros a información que conseguiron e que lles pareceu interesante.Como sei que tamén lles gusta mirar os blogs do cole, aquí lles deixo unhas cousiñas para que se entreteñan e aprendan un pouco.








E ademáis, por se vos animades a cantar...

domingo, 18 de abril de 2010

DIA DA TERRA



E seguimos con celebracións, xa que o próximo día 22 conmemórase algo tan importante como o nacemento do noso planeta, o Día da Terra. Seguro, segurísimo que todos podemos facer moito por coidar e mellorar o lugar onde vivimos.Dende a páxina de erenovable, aconséllannos fomentar o uso de enerxías renovables e limpas. Se pinchades no enlace, podedes atopar información ben interesante.
Por outro lado, nesta outra páxina, amósannos 10 accións moi sinxelas, ao alcance de todos, para cambiar a mellor a nosa Terra.Podemos facelas, seguro.

A PROPÓSITO DO LIBRO







Estamos chegando ao 23 de abril e preparámonos para celebrar o Día do Libro.Cos alumnos lembraremos que este día ten que ver co falecemento de tras grandes escritores: Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega. Falaremos tamén de que este ano ríndese homenaxe especial ao gran poeta Miguel Hernández, poeta do pobo, no centenario do seu nacemento. Poeta que nos seus libros non se esqueceu dos nenos. E por suposto, faremos moitísimas actividades de lectura, plástica...
A propósito do libro, nesta páxina podedes atopar un curioso vídeo da campaña "Leer está de moda". Un simpático xove presenta en primicia un "book" e explica as súas ventaxas sobre outras máquinas:
-funciona sin cables, sin batería, sin conexións...
-é compacto e portatil, pódese levar a calquera lado.
-non precisa ser recargado en ningún enchufe.
-está formado por follas de papel que se pasan có dedo.
- non se colga nin é preciso reinicialo.
-pódese utilizar un marcapáxinas opcional.
-cada un decide cando quere ler e cando quere parar.
Bueno, pois a mín paréceme que abrir un libro e poder disfrutalo é un invento fantástico, non si?




sábado, 17 de abril de 2010

TODOS A RECICLAR

A Aula de Medio Ambiente do Centro convocou un ano máis o concurso de reciclado. Inmediatamente puxémonos mans á obra. Algúns nenos trouxeron traballos feitos na casa, nos que colaboraron os seus papás e mamás. Tamen na clase fixemos dous traballos colectivos: uns portafotos con tapas dos envases de zumes e uns suxeitalibros ben chulos.


IMOS AO TEATRO




O día 8 de abril acudimos á Casa Dopeso. Alí , a compañía de teatro BABALUVA presentounos a súa obriña LUME. Era unha fermosa historia que tiña moito que ver co medio ambiente. Nun bosque préndese lume e os animais colaboran para apagalo. Todos os personaxes e os decorados estaban feitos con materias de reciclaxe e de uso cotiá: banquetas, cuncas, pratos, culleres, medias, calcetíns...



martes, 6 de abril de 2010

EXPERIMENTOS CON AUGA


Para celebrar o Día da Auga, preparamos uns experimentos moi sinxelos para facer con auga. Invitamos tamén a participar aos nenos e nenas de 1º. Para comezar falamos acerca das propiedades da auga e tratamos de comprobalas: ulimos, vimos que non tiña cor, vimos como ao cabiar auga de recipiente tamén cambiaba a súa forma...

Logo deixamos o grifo dunha botella de auga un chisquiño aberto, goteando un casi nada sobre unha palangana. Ao cabo dun rato de estar facendo outro experimento, poidemos comprobar que a botella perdera máis da metade da auga. Os nen@s expresaron as súas opinións e entenderon que moitas pequenas gotas poden facer que se perda unha gran cantidade de auga.

Despois pensamos que podería ocurrir se metemos un ovo nun vaso de auga. Houbo diferencia de opinións. Fixémolo e viron que o ovo afundíu na auga.Probamos a disolver unha boa cantidade de sal nese vaso e volvemos a intentalo. SORPRESA! Agora conseguimos que o ovo flotase.

Por último deixamos esa auga con sal nun recipiente, cerquiña das ventás.Ao cabo de pucos días observamos que se produxo a evaporación da auga e só quedaba o sal.

Pasamos un rato entretido e seguiremos buscando máis experimentos.

lunes, 5 de abril de 2010

DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL


O día 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil para festexar o nacemento do gran escritor Hans Christian Andersen,autor de tantísimos contos para nenos . A esquerda tedes o cartel conmemorativo deste ano.Se pinchades aquí podedes ver tamen a mensaxe de Eliacer Cansino.Vale a pena , atoparedes un fermoso texto. No cartel, vese unha árbore e nas súas poliñas están medrando libros. Tamén vemos un neno gabeando para poder chegar ata onde un libro o agarda. O lema deste ano é "Un libro te espera, búscalo."Pois todos a buscar ese libro que nos está esperando.Lede moito e lede xunto aos vosos fillos e con eles.Se vós ledes, eles len tamén e non esquezades que , como dicía Günter Grass Non hay espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que le.Se estades animados/as pinchade aquí e poderedes disfrutar de moitos contos de Andersen.E se queredes ler máis temos outras páxinas interesantes de lecturas.

BISCOITO DE AMÉNDOAS

O mércores 24 de marzo, como nos veu o forno novo decidimos probalo e facer un biscoito de améndoas moi sinxelo. Precisamos 250 g. de améndoa moída, a mesma cantidade ou un pouco menos de azucre e uns 5 ovos.Mirade as fotos e veredes que sinxelo de preparar.Non me deu tempo a facerlles fotos comendo, porque foi visto e non visto.Non durou nada.Bueno, Ángela dixo que lle gustaba máis se tivera menos azucre.

domingo, 4 de abril de 2010

A CASA DOS PEIXES

O martes 23 de marzo os nenos e nenas de 5º e 6º de E. Infantil e os de 1º,2º e 3º de E. Primaria, xunto cun grupo de profes, visitaron a Casa dos Peixes, na Coruña. Neste caso, as entradas corrían a cargo de Voz Natura, por ser o noso un centro colaborador. Tivemos un bo día, pasámolo estupendamente, quedounos tempo para unha merendiña e chegamos ao cole moi puntuales para a hora da saída.

domingo, 21 de marzo de 2010

DÍA MUNDIAL DA AUGA 2010







Cada ano, o día 22 de marzo, celébrase o Día Mundial da Auga.Este ano, ONU-AUGA quere adicar este día á calidade da auga, co fin de demostrar que na xestión dos recursos hídricos, a calidade é tan importante como a cantidade.


No Día Mundial da Auga, debemos entender que a auga limpa é vida, e que polo tanto, as nosas vidas dependen do noso esforzo e traballo por protexer a calidade da auga do noso planeta.Se pinchades no enlace atoparades máis información sobre este tema.


Tamén na web oficial do día da auga podedes ler información sobre como se foi celebrando este día ao longo dos anos, fotos bonitas, posters, vídeos.Podemos aprender cousas moi interesantes.
Aquí vos vai tamén un pequeno vídeo, é moi sinxelo, pero ao mellor sírvenos para reflexionar un pouquiño sobre a importancia da auga.


PLANTAMOS BULBOS

O pasado martes, aproveitando que non facía mal tempo, fomos ata o viveiro do cole. Estivemos mirando as sementes que tiñamos plantadas dende o outono, pero a verdade é que non medraron moitas.Pero non nos desanimamos e imos seguir plantando. Nesta ocasión plantamos uns bulbos. Uns poucos deixamolos no viveiro, e outros poucos levámolos para a clase.Estamos seguros/as de que imos ter unhas flores chulísimas.

sábado, 20 de marzo de 2010

O PASADO

Enlazando coa situación da muller hai uns anos, estamos estudando un pouquiño o noso pasado. Como sempre os nen@s e as familias volcáronse traendo material. Moitas graciñas a todos. Cantas cousas aprendemos desta maneira que non veñen nos libros!Grazas tamén aos compañeiros, en este caso Fina F. e José Mª, que compartiron con nós o seu tempo, o seu saber e o seu coñecemento do museo.Uns nen@s recordarán dúas cousas, outros catro...pero seguro que todos aprenderon cousiñas que non van esquecer.

DÍA DA MULLER 2010

Seguimos con máis actividades para celebrar o Día da Muller. Nesta ocasión, chegaron dende o Departamento de Cultura do Concello una avoa e a súa netiña, coas que pasamos un rato moi entretido. Grazas a elas soubemos como era a vida das mulleres hai uns anos, e que cousas cambiaron para as mulleres de agora.Seguiremos traballando, que aínda queda moito por mellorar.

miércoles, 10 de marzo de 2010

ESCRIBIMOS CON PLUMILLAS

Como estamos có proxecto O pasado, aproveitamos para visitar o museo do noso cole, acompañados por José Mª, que nos explicou moitas cousas interesantes. Tamén tivemos a sorte de que a profe Fina Fernández viñese á nosa clase. Ela sempre escribe con pluma estilográfica e trouxonos unhas plumillas e uns tinteiros para explicarnos como escribían na "vella escola".Poidemos practicar un bo rato e démonos conta do difícil que era escribir sin facer borróns, sen manchar as mans...Pero de tódolos xeitos, nenos e nenas estaban encantados e non querían parar de escribir coa plulmilla.Graciñas José Mª e Fina, porque as vosas explicacións aportáronnos ledicia, saber e aprecio polo noso pasado.

sábado, 6 de marzo de 2010

DÍA DA MULLER-2010

O próximo luns, 8 de marzo,celebramos o Día Internacional da Muller.Sírvenos para lembrar que queda moito por loitar e traballar pola igualdade de dereitos e oportunidades.A igualdade, máis que un dereito xa debería ser unha obligación.Dende a casa e dende a escola temos que traballar a coeducación dos nosos nenos e nenas e colaborar así co esforzo de tantas e tantas mulleres do mundo para chegar á igualdade, conseguir respecto, xustiza e paz.

A profe Angeles, no seu blog remendos, puxo uns contiños moi lindos, que veñen moi ben para este día,e, co seu permiso, vou aproveitar para recomendárvolos.O libro dos porcos xa o traballamos o ano pasado e seguro que o recordades.Se queredes ver Rosa Caramelo, pinchade aquí.Tamén vos gustará ler Arturo e Clementina,pinchade aquí para ler o conto.E se queredes ler máis, entrade en remendos, que é un blog precioso.
Se ademáis de ler vos gusta escoitar música, seguro que vos gustará escoitar está canción de Luar na Lubre,adicada en especial al loitadoras mulleres galegas.



Tampouco está mal, xa que estamos co plurilingüismo escoitar Woman e ver o que John Lenon pensaba das mulleres.


FELIZ DÍA A TODAS AS MULLERES

jueves, 18 de febrero de 2010

ENTROIDO 2010

Este ano o noso cole encheuse de Hippies, de amor e paz irmáns, de flores, de cores...Como xa fixemos o ano pasado, na clase os nenos e nenas coseron os volantes . Logo, contamos coa importante axuda das mamás, que nos axudaron a montar os volantes nos pantalóns.Un cinturón por aquí, unha cinta por alá, un colgante por acolá...e listo o disfraz. Chegou o día e todos estaban chulísimos: os de infantil cos seus chaleques de flecos, os de primaria cos seus volantes e flores. Os de Secundaria traían diferentes disfraces, e tanto eles como os seus mestres e mestras estaban xeniales.
Antes do recreo fixemos obradoiros, nos que misturamos a nenos e nenas de diferentes idades.Tiñan unha duración de media hora e cando remataban rotaban a outro taller diferente.Había obradoiros de maquillaxe, de baile, de xogos, de plástica.Tamén nalgúns destes obradoiros colaboraron as mamás e papás.Graciñas outra vez
Para recuperar forzas, no recreo comemos freixós e orellas.Logo, no pavillón entregáronse os premios do concurso das Cartas de Amor.Os nen@s creo que o pasaron moi ben, e os mestres acabamos "reventadiños".Valeu a pena.

martes, 26 de enero de 2010

ROSA DA PAZ

O próximo 30 de xaneiro, en tódolos coles celebraremos un ano máis o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.Sírvenos para recordar que a paz tamén se aprende.Pero este aprendizaxe haino que levar a cabo non un día, senón sempre. En cada momento, nas nosas actitudes de respecto cara os demáis, nos nosos xogos, nos traballos, nas nosas relacións coa familia,coa nosa tolerancia, esquecéndonos do odio e cambiandoo por amor, dando bicos e apertas gratis (que fermosos estaban os pequechos de Dulce o ano pasado!)un sorriso en vez dun berro...podemos facelo. Claro que sí...APRENDAMOS A PAZ.

E para facelo de xeito musical, escoitade esta canción de Amaral.Ademáis , creo que tamén pode ser apropiada para hoxe que se celebra o Dia Mundial do Medio Ambiente.

sábado, 16 de enero de 2010

NADAL 09

Pois unha vez todo o cole adornado, adicamos bastante tempo a ensaiar a obriña de teatro para representar no Festival de Nadal , na Casa Dopeso. Fixémola conxuntamente cos nenos e nenas de 1º e a súa profe Fina. A verdade é que tod@s se esforzaron moito e non lles quedou nada mal.A min encantoume todo o festival e pareceume especialmente fermosa a representación que fixeron os alumnos de 3 e 5 anos do contiño "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis"
.Mirade se aquípodedes ver a obra do 1º ciclo "O boneco de neve"

O boneco de neve from CPI Monte Caxado on Vimeo.