lunes, 1 de octubre de 2012

ANIMAIS DA CONTORNA

Xa temos que empezar a elaborar o calendario da Aula de Medio Ambiente, que tan fermoso vai quedando cada ano. Nesta ocasión, o tema que nos propoñen dende A.M.A. é : "Animais da nosa contorna". Seguro que se nos ocurren un montón de ideas ( os animais do Caxado, a Escombrera a carón do lago, as fragas do Eume...). Mentres, podemos ir ollando este LIM para ir  abrindo camiño.

miércoles, 26 de septiembre de 2012

EMILIO CALATAYUD

Este fin de semana teremos na nosa vila a Emilio Calatayud, popular xuíz de menores de Granada. O venres 28, ás 12:00 charlará para os rapaces no Auditorio Alovi, acerca dos seus dereitos e, sobre todo dos seus deberes. A charla promete ser interesante.
O venres impartirá unha charla para o público en xeral, tamén ás 12:00 no Alovi. Por se non o coñecedes, e para que vos animedes a asistir ás charlas, aquí tedes un pequeno vídeo onde se ve a súa maneira peculiar e franca de falar  e unha pequena mostra das súas ideas (El sempre di que fala como pai e cidadán, non como xuíz).

miércoles, 12 de septiembre de 2012

BENVID@S

Un curso máis que comeza. Outra vez os rapaces e rapazas enchen os corredores do cole có seu bullicio, coa sua ledicia, coas súas cores...Con ilusión e traballo esperamos satisfacer a súa curiosidade, , responder ás súas preguntas, aprender a aprender xuntos. Un ano máis,  con este fermoso mural elaborado por José Mª e Ángeles , decímosvos: BENVIDOS ao cole!!


martes, 19 de junio de 2012

OS MELLORES ARTISTAS

Non podíamos rematar o curso sen concederlles aos nenos e nenas de 2º un diploma e medalla de ouro, xa que son os mellores artistas olímpicos. Noraboa!!

miércoles, 13 de junio de 2012

WENLOCK AND MANDEVILLE

Outra sesión máis de Plástica e seguimos aprendendo cousiñas das Olimpiadas. Aprendemos que hai cancións olímpicas, moitos paises participantes, con diferentes bandeiras, un montonazo de deportes...Coloreamos as mascotas Wenlock e Mandeville e deixamos voar a nosa imaxinación. Uns nenos preferiron colorealos como os vimos no video e nas fotos, pero outros escolleron facerlles novos e orixinais diseños. Como  o fixeron "very good", todos eles gañaron unhas medallas que decoraron con moita maña.

martes, 12 de junio de 2012

MOLAN AS OLIMPIADAS

Pois xa buscamos moita información sobre as Olimpiadas. Todos trouxemos algunhas informacións semellantes e , tamén, moitas diferentes. Todas elas fan que , uns con outros , aprendamos moito. A todos nos encanta contar o que sabemos e que os demáis nos escoiten con atención.
Estivemos observando os aros olímpicos, falando do seu significado, das súas cores. Como nos pareceu interesante, na clase de Plástica fixemos os nosos aros.
Quedounos un ratiño para ver as aventuras de Wenlock e Mandeville, as mascotas e seguro que o próximo día nos animamos a decoralas.

viernes, 8 de junio de 2012

CHEGOU O DÍA DA EXCURSIÓN

Hoxe fomos de excursión. Logo de chegar ao cole marchamos en autobús cara Arateixo. Alí esperábanos Alvaro, para ensinarnos a rotativa da Voz de Galicia. Amosounos algún estudio de V Televisión, como se facían os xornais, os enormes rolos de papel....Foi unha hora que se nos pasou voando. O noso seguinte destino foi a estación de trens da Coruña. Despois de xantar alí , moi acomodadiños, collimos o tren que nos levou a Betanzos. Menuda aventura!! Algúns rapaces queixábanse  de que o tren non ía moi rápido. (Pensarían que iamos no AVE).
O último tramo da xornada, pasámolo no Pasatempo, un fermoso, ainda  que algo descuidado, parque, con grutas, labirintos...E, como o tempo nos acompañou, rematamos cun riquísimo xeado.

lunes, 4 de junio de 2012

LONDON 2012

Pinchade na imaxe e atoparedes xogos, debuxos, vídeos e outras cousiñas interesantes sobre os xogos olímpicos.


MASCOTAS OLÍMPICAS

Como xa empezamos a buscar información sobre as olimpiadas, aquí vos queda un pequeno vídeo sobre como xurdiron as mascotas olímpicas Wenlock e Mandeville. Wenlock é un boneco de metal con liñas laranxas e Mandeville é tamén de metal, pero con liñas azuis e fucsias. Camiñan sobre un arco da vella e, según a historia que conta o vídeo, foron creados por un dos constructores do estadio olímpico que, logo de xubilarse, decide facerlles uns bonecos aos seus netos. 

BAÑAL-ROTEIRO


O pasado día 24 de maio, para conmemorar o Día Europeo dos Bosques,  a Aula de Medio Ambiente do cole organizou unha saída ao Bañal. Alí , ademáis de botar abono aos buxos que xa plantáramos o ano pasado, e de regalos, pasamos un rato moi entretido merendando e xogando. Podedes mirar aquí algunha das fotos que fixemos.

Logo, o día 29, fomos facer un roteiro pola beira do río Eume, dende a área recreativa do Caneiro. Os alumnos de 1º e 2º fixeron un tramo duns tres kilómetros. Os maiores de 3º e 4º, xunto con Alex de 2º e un grupo de "ousados " mestres continuamos ata a Vacariza ( uns 6 kilómetros).Temos que dar ás grazas aos membros do clube de senderismo e montañosmo que nos orientaron e acompañaron todo o camiño.Se queredes ver máis fotos destas actividades visitade o blog da  A.M.A.







viernes, 25 de mayo de 2012

SEE YOU SOON

Por suposto, non somentes os nenos e nenas de 2º nos despedimos de Marian. Tódolos cursos quixemos agasallala cós nosos bicos, debuxos, cancións, bailes...Seguro, seguro que conseguimos que tamén ela se emocionase un chisquiño.

Grupos con Marian - diapositivas

jueves, 24 de mayo de 2012

BYE, BYE, MARIAN

Que rápido se nos pasou o tempo! Parece que foi onte cando chegou e xa se nos marcha Marian. Os nenos e nenas estaban nerviosos e emocionados, cunha grande mestura de sentimentos. Dunha banda estaban tristes pola marcha de Marian, xa que a queren moito, e  por outro sentíanse contentos porque están seguros de que vai volver o vindeiro curso. Foi un ano moi proveitoso: fixemos actividades de Plástica moi divertidas, aprendemos vocabulario e a usar algunhas expresións en inglés, cantamos, xogamos, dímonos moitos bicos e apertas....Marian, aquí no noso corazonciño, tes un sitio para sempre. Moitos bicos. Bye, bye and see you soon.

miércoles, 23 de mayo de 2012

ARTE NO PATIO

Pois hoxe fomos ao patio para convertinos en creadores e poñer en práctica as nosas habilidades como artistas do  land art .Como somos pouquiños , repartímonos  en tres grupos. Collemos pedriñas , follas, paus, herbas e , cun chisco de imaxinación saíron unhas fermosas composicións. A ver se vos gustan.

martes, 15 de mayo de 2012

LAND ART-ANDY GOLDSWORTHY

Na próxima sesión de plástica, se o tempo o permite, imos practicar un pouquiño de land art. Para que vexades en que consiste, ide ollando este vídeo dun gran artista deste xénero, Andy Goldsworthy. Espero que vos guste.

MONSTERS

 Na clase de Plástica fixemos unha actividade moi divertida . Doblamos un folio en tres partes .Na primeira un nen@ debuxou unha cabeza dun monstro. Pasouno doblado a outro compañeir@, que se encargou de facer o corpo. Finalmente outro nen@ rematou os pés do monstro. Rímonos moito e saíron uns debuxos moi curiosos. Marian axudounos a describilos en inglés, cun vocabulario moi sinxelo, que nos permitiu repasar as partes do corpo.





lunes, 14 de mayo de 2012

XOGAMOS COAS FORZAS

Deixo aquí estos xogos e vídeos por se vos apetece aprender máis cousiñas sobre as forzas e as máquinas.




miércoles, 9 de mayo de 2012

MÁIS SOBRE AS FORZAS

Pois xa comezamos có tema das forzas. Primeiro fixemos unha pequena asamblea. Todos os nenos e nenas estaban convencidos de que as forzas tiñan algo que ver con ser moi fortes e moi musculosos. Logo pasamos a experimentar con forzas.Probamos a deformar papeis , telas...Tamén empurramos cousas e vimos que ás veces conseguíamos movelas e outras veces non. Tiramos polas mesas da clase, empurramos con forzas enfrentadas...Foi moi divertido.
Para rematar collemos os imáns e vimos con que forza se atraían ou repelían e como eran capaces de mover pequenas cousas (Clips), sen ter contacto con elas.

DÍA DE EUROPA



Nun discurso pronunciado o 9 de maio de 1950 en Paris, Robert Schuman propuxo unha nova forma de cooperación política para Europa. As súas propostas, considéranse o comezo do que hoxe coñecemos como Unión Europea. Este ano, o lema deste evento é  "Juntos somos más fuertes"  e trata de resaltar a necesidade dunha maior unidade dos países da UE neste tempo de grave crise que estamos a vivir. Se clicades nos enlaces podedes atopar máis información acerca da bandeira, do himno, ou a moeda .

martes, 8 de mayo de 2012

FORZAS E MÁQUINAS

En Coñecemento imos empezar a traballar as forzas e as máquinas. Con este recurso podemos irnos metendo no tema.


sábado, 5 de mayo de 2012

O TITANIC

¡Como nos gustou o proxecto do Titanic!Aprendemos xeografía( O Titanic saiu de Southampton e ía a New York), un montón de vocabulario: iceberg, ship, captain, passengers, lifeboats, lifejackets, first class room, survivors, sink...), debuxamos e fantaseamos sobre o barco,buscamos información, limos un conto precioso , debuxamos a bandeira da white star line..., e ata conseguimos unha maqueta chulísima do barco. Os amiguiños de 3º fixeron uns barcos moi lindos.A profe Angeles tamén traballou este proxectiño cós alumnos de Inglés e fixeron un mural precioso. O profe José Mª, como sempre, axudounos cós debuxos.E agora a pensar no seguinte proxecto. ¿Que tal os Xogos Olímpicos de Londres?



Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make a free slideshow design


lunes, 23 de abril de 2012

DÍA DO LIBRO

O día 23 de abril celébrase o Día do Libro. Nesta data morreron tres escritores importantes: Shakespeare, o Inca Garcilaso e o gran Miguel de Cervantes,autor do Quixote. Ao longo desta semana faremos diferentes actividades relacionadas con este escritor e a súa obra. Podedes aproveitar para ir vendo este vídeo.

Como sei que tamén vos gustan os poemiñas, clicade aquí para ler unha cousiñas sobre os personaxes do Quixote

lunes, 16 de abril de 2012

TIMOTEO O AMIGO FIEL

O pasado venres 13, acudimos á Casa Dopeso para escoitar un conto musicado: Timoteo, el amigo fiel.Cun fondo de música de jazz, fomos escoitando a historia de dous bós amigos: Timoteo e o seu canciño Peladillo



MÁIS SOBRE O TITANIC

Aquí temos unhas presentacións sobre o Titanic . Con elas poderemos informarnos e practicar linguas, que tamén é moi interesante.




BENVIDA GUZEGUZ


Estos días, dende o mércores, temos a clase un pouco alborotada. Chegaron ao cole un neno e unha nena novos, procedentes de Etiopía. O neno estará na clase de Angeles; chámase Destaw. A nena, que se chama Guzeguz, pasa a formar parte da nosa clase. Estamos moi contentos. Xa aprendemos moitas cousas de Etiopía.Temos que facer turnos, porque todos os nenos queren axudarlle e explicarlle as cousas.É unha nena moi alegre e parece que vén moi contenta á escola. Leva pouquiños días con nós, pero xa a queremos moito. Benvida Guzeguz!!!

miércoles, 11 de abril de 2012

O TITANIC


Como este ano, o próximo 15 de abril, terá lugar o centenario do afundimento deste máis que famoso barco, imos facer un pequeno proxecto sobre o TITANIC. A nosa querida teacher Ángeles xa traballou moitísimo e preparou unhas fermosas actividades.Se pinchades na foto, poderedes entrar no seu blog e aprender, cantar, xogar....Seguro, seguro que non vos aburrides.

jueves, 22 de marzo de 2012

DÍA MUNDIAL DA AUGA

Hoxe, 22 de marzo celébrase o Día Mundial da Auga. Todavía hoxe casi 800 millóns de persoas carecen de acceso á auga potable.Nas nosas mans está poder facer algo e acadar para todos o dereito á auga.

No cole levamos a cabo dúas iniciativas moi interesantes. A teacher Angeles preparou uns experimentos para facer con cada un dos grupos ( de Infantil e Primaria), de xeito que aprenderon moitas cousas sobre a auga , ao tempo que incrementaron o seu vocabulario de Inglés. Podedes ver imaxes no seu blog Up and Away.

Por outro lado, Carmen, a profe de Bioloxía de Secundaria, preparounos outros experimentos para facer no laboratorio. Fomos xuntos 1º e 2º. Contamos cuns axudantes de excepción, catro alumnos de Secundaria: Pilar, Pablo, Edgar e Claudia.Son uns profes estupendos e as experiencias quedáronnos clarísimas. Graciñas a todos.





XOGAMOS COA AUGA

21 MARZO: DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN

miércoles, 21 de marzo de 2012

DIA MUNDIAL DA POESÍA 2012

Hoxe foi un día moi especial. Entre outras cousas, celebramos o Día Mundial da Poesía. Ao longo destes días, na clase de Lengua, estivemos facendo poesías utilizando diferentes técnicas( repetición de palabras , números, poemas disparates) .É divertido e estannos saíndo algunhas poesías curiosas. Aquí tedes unha mostra:

MUJER

Mujer, mujer,
tú sabes leer.
Mujer, mujer,
me voy a comer.
Mujer, mujer,
te voy a querer.
Mujer, mujer,
tu corazón sabe llover.
(Colectivo)
POEMA CON NÚMEROS

Uno, dos y tres,
todos van al revés.
Cuatro, cinco y seis,
vosotros no coméis.
Siete, ocho y nueve,
¡Ay ,cómo llueve!
Diez, once y doce,
todo el mundo se conoce.
(Colectivo)

PRIMAVERA

Bonita primavera
que a la gente alegra.
Hace calor y sale el sol.
Las flores salen con mucho olor.
Los frutos nacen con mucho sabor.
Los pajaritos hacen bonitos ruiditos.
La gente va de vacaciones y tiene emociones.
Y si comes un helado, quedarás refrescado.
(Inés)

LA PRIMAVERA

Rosa, rosita,
a tí te gustan las maripositas.
Los frutos maduros que ricos estarán.
Al sol le enseña el caracol,
los cuernos en una col.
La naturaleza tiene belleza,
como la realeza.
En vacaciones canto canciones.
Los animales son muy especiales,
hasta los que coman corales.
En el campo siempre apampo,
porque miro las nubes y el sol
con mi alegre corazón.
(Anxo)



martes, 20 de marzo de 2012

AS FOTOS DE ESTELA

Temos unha cámara que gañamos o ano pasado no Concurso de Reciclado do cole. Como todos os nenos queren usala, decidimos que cada día no recreo, se o tempo o permite, os encargados farán fotos con ela. Hoxe tocoulle a Estela.Mirade que fotos tan "artísticas" fixo.



lunes, 19 de marzo de 2012

ESTRENAMOS O INVERNADOIRO!!!

Por fin, este mércores pasado , estrenamos o invernadoiro. Xa nos tardaba! O profe Paco levounos ata alí e explicounos que era un invernadoiro e para que servía. Despois amosounos uns bulbos de cebola e explicounos como plantalos. Cando rematamos puxo a funcionar o sistema de rego. Encantounos ver os aspersores funcionando.Dentro duns días pasaremos a ver como medraron. Graciñas Paco.



domingo, 11 de marzo de 2012

DEPORTE NA FRAGA

O venres pasado, os nenos e nenas de Primaria, desprazáronse ata a Fraga. Alí, o clube de atletismo Olimpo tiña organizades unhas carreiras para todos os coles.Pasárono moi ben, o día estaba estupendo e, ademáis, ata gañaron algunhas copas.Pero, o máis importante, como sempre, foi participar.


UN NOVO MURAL

Como estamos disfrutando dun tempo primaveral, decidimos adiantarnos un pouco e facer un mural para a nova estación que está a piques de chegar.Como sempre, contamos coa gran axuda de Marian.


jueves, 8 de marzo de 2012

lunes, 5 de marzo de 2012

MAIS SOBRE CUNQUEIRO


Animádevos a ler este traballo tan interesante sobre os personaxes fantásticos creados por Cunqueiro. Seguro que vos gusta.

O MUNDO DE CUNQUEIRO

Este ano o Concurso das Boliqueiras está centrado na figura de Alvaro Cunqueiro.Aquí podemos ler información que resulte interesante para realizar os nosos traballos.


domingo, 4 de marzo de 2012

APRENDEMOS SOBRE AS PLANTAS

IMOS ATA O VIVEIRO

O próximo proxecto que imos traballar son as plantas. Para ir entrando no tema, a aproveitando que facía bo día, e que tiñamos á teacher Ángeles de axudante, fomos ata o viveiro do cole. Alí transplantamos unha plantiñas que tiñamos na clase e que despois de pasar o inverno, precisaban un cambio de terra e maceta.Esperamos que se lles note e se poñan ben fermosas.

XOGAMOS CÓS ANIMAIS


Como a miña amiguiña Estela sempre me está pedindo cousas novas, aquí lle van uns xogos de animais , para que se entreteña e aprenda.Pinchade na foto e veredes.

ANIMAIS NO COLE!!

Estes días estivemos revisando un pouquiño o proxecto dos animais. Como sempre, teño que dar as graciñas a estes nenos e nenas pola cantidade de material que traen á clase, e que nos serve para aprender moitas cousas que non veñen nos libros de texto (libros, vídeos, debuxos...). Ademáis tivemos dúas invitadas de excepción: a tartaruga Susi, que trouxo Estela, e a tartaruga Chispi, que nos trouxo Inés. As dúas se portaron estupendamente, e fixéronnos pasar uns ratiños moi agradables.